Inicio Galicia A Xunta destaca a importancia de adaptar a formación aos perfís profesionais...

A Xunta destaca a importancia de adaptar a formación aos perfís profesionais que precisan as empresas

0

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, visitou esta mañá en Monforte de Lemos ao alumnado en prácticas da Unidade de Acción Formativa da localidade e en Sober as instalacións da Escola de Hostalería Belarmino Fernández Iglesias

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, destacou hoxe en Monforte de Lemos a importancia de adaptar a formación aos perfís profesionais que precisan as empresas e mesmo ás necesidades de cada territorio.

Casal visitou esta mañá as instalación da Unidade de Acción Formativa da localidade para coñecer en primeira persoa as actividades que se están a desenvolver, dentro dos cursos para persoas desempregadas impulsados pola Xunta, e trasladouse á floristería Cate onde dous dos alumnos están realizando prácticas de actividades de floristería.

Posteriormente, visitou en Sober as instalacións da Escola de Hostalería Belarmino Fernández Iglesias, onde tamén se está impartindo un curso para desempregados, neste caso centrado na cociña.

Estes cursos enmárcanse no plan formativo para desempregados e desempregadas e ofrece nesta convocatoria máis de 800 cursos, cos que 12.660 alumnos poderán acceder a un certificado de profesionalidade. O Goberno autonómico, que financia o 100% das accións formativas, destina a esta iniciativa preto de 36M€ co obxectivo de seguir mellorando a empregabilidade e ocupabilidade dos cidadáns, así como facilitar o seu acceso ao mercado laboral a través dun capital humano máis formado e adaptado ás necesidades actuais do tecido industrial.

O director xeral salientou que a formación seguirá sendo unha das prioridades nos orzamentos de 2020. Así, destinaranse máis de 260M€ a contar cunha Galicia máis preparada a través do Plan Galego de Formación, da aposta pola orientación, polo emprego autónomo e por colectivos con máis dificultades para acceder ao mercado laboral como a mocidade ou as mulleres.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre