Inicio Galicia A Xunta destaca a importancia da prevención para reducir os accidentes de...

A Xunta destaca a importancia da prevención para reducir os accidentes de traballo no sector pesqueiro galego

0
image_gallery.jpg


A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, clausurou hoxe a xornada Os accidentes de traballo e as enfermidades profesionais, onde destacou a importancia da prevención e das boas prácticas no desenvolvemento da actividade diaria para reducir a sinistralidade no sector. No encontro, organizado pola Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra, analizáronse distintas cuestións de interese para o mundo do mar neste eido e o xeito de acadar avances en beneficio dos profesionais da pesca e o marisqueo de Galicia.

A representante do Executivo galego incidiu en que a prevención de riscos laborais é fundamental para mellorar a seguridade dos traballadores do mar e subliñou que ese é un dos obxectivos de axudas como as convocadas todos os anos pola Administración autonómica para acometer melloras e modernizar os portos pesqueiros, lonxas e lugares de desembarque de produtos pesqueiros de Galicia. Estas achegas, engadiu, contribúen a mellorar as instalacións e as condicións de traballo dos seus usuarios, polo que tamén axudan a reducir a sinistralidade no sector. A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro tamén subliñou que o futuro Fondo Europeo Marítimo e de Pesca financiará as actividades formativas no eido da prevención de riscos laborais e de mellora de hábitos de traballo para previr os accidentes no sector.  

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre