Inicio Galicia A Xunta destaca a importancia da formación on line no novo contexto...

A Xunta destaca a importancia da formación on line no novo contexto dixital para a reactivación do mercado de traballo

0
image_gallery.jpg

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, mantivo hoxe en Santiago de Compostela por videoconferencia un encontro coa Confederación Española de Empresas de Formación (Cecap)


O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, mantivo hoxe por videoconferencia unha xuntanza coa Confederación Española de Empresas de Formación (Cecap) na que puxo en valor a importancia da formación on line e da aposta que está a facer a Xunta pola transformación dixital para a reactivación do mercado laboral galego.

Casal destacou que a utilización das novas tecnoloxías na formación contribúe a mellorar a cualificación, o que repercute directamente na creación de emprego. Lembro, ao respecto, que a Administración autonómica está a implantar un modelo de formación flexible e dual, no que se combina a cualificación coa contratación, e no que as novas tecnoloxías teñen especial relevancia. Incidiu, así, na importancia da formación on line no novo contexto dixital e lembrou que a Administración autonómica incluíu a implantación da formación on line na convocatoria de axudas dos cursos para persoas desempregadas (AFD).

No encontro avaliáronse as propostas da Cecap en canto ao desenvolvemento das novas accións formativas de cara ao curso 2020-21, así como as medidas postas en marcha pola Consellería de Economía, Emprego e Industria para flexibilizar a impartición da formación destinada ás persoas desempregadas co obxectivo de garantir o seu desenvolvemento nas máximas condicións de seguridade e saúde.

Casal destacou, entre as accións levadas a cabo pola Xunta para garantir o desenvolvemento de todos os cursos e facilitar o acceso dos alumnos e alumnas aos mesmos debido á pandemia, o establecemento de quendas horarias para poder cumprir os requisitos de aforo, así como a posibilidade de compatibilizar a formación virtual coa presencial.

Ademais, ampliouse ata o 30 de novembro de 2021 o prazo para realizar as prácticas establecendo alternativas para aqueles que non poidan desenvolvelas por imposibilidade en empresas afectadas polo Covid-19. Así, poderán realizar as prácticas no propio centro de formación, cun proxecto final e unha memoria; poderán convalidar o tempo de prácticas nun posto vinculado co certificado de profesionalidade que se estea cursando; e poderanse propoñer actividades asociadas á entorna laboral cun proxecto final e unha memoria.

Outra das medidas que Casal puxo en valor foi a ampliación dos prazos de execución, xustificación e comprobación das axudas correspondentes á orde destinada á formación para persoas desempregadas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre