Inicio Galicia A Xunta destaca a importancia da formación especializada e dos apoios á...

A Xunta destaca a importancia da formación especializada e dos apoios á contratación para a reinserción laboral das persoas máis vulnerables

0
image_gallery.jpg

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe por videoconferencia en Santiago de Compostela unha xuntanza co director de Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez


A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, mantivo hoxe por videoconferencia en Santiago de Compostela unha xuntanza co director de Proxecto Home Galicia, Ramón Gómez, na que abordaron as diferentes liñas de axudas que ten activas a Xunta en materia de emprego e igualdade.

Lorenzana puxo en valor o traballo que realiza esta entidade, con presenza en Galicia desde hai máis de 30 anos, co fin de axudar ás persoas con problemas de adición e ás súas familias. Así, destacou o labor que desenvolve para acadar a rehabilitación e reinserción socioalaboral destas persoas e os programas que realiza en materia de prevención e sensibilización.

A titular de Emprego e Igualdade amosou o compromiso do Goberno galego de continuar apoiando o traballo de asociacións como a de Proxecto Home e, ao respecto, lembrou que a Xunta conta desde hai anos con programas para incentivar a contratación laboral dos colectivos con máis dificultades para atopar un emprego. Tamén sinalou a importancia da formación especializada para incrementar as posibilidades de atopar un emprego.

Lorenzana recordou as principais características do programa de apoio ás entidades sen ánimo de lucro para a contratación de persoas desempregadas e sinalou, ademais, que a Administración autonómica ten en marcha a iniciativa Galicia Emprega coa que se está apoiando a formación e a contratación en empresas de máis de 1.100 mulleres, parados de longa duración, mozos e mozas e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

Segundo a conselleira, a mellor política social que a Administración pode facer é reforzar as medidas de emprego e, así, apuntou que a Xunta activou a nova Axenda de Emprego, adaptada ao actual contexto para dar unha resposta áxil aos efectos da covid-19, coa que se prevé mobilizar máis de 225 millóns de euros a través de 30 medidas que beneficiarán a máis de 65.000 persoas.

A inclusión sociolaboral constitúe unha prioridade nas políticas de emprego da Xunta. A reincorporación ao mercado de traballo das persoas vulnerables procedentes da exclusión supón avanzar cara á igualdade de oportunidades de todos os galegos e galegas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre