Inicio Galicia A Xunta destaca a contribución do turismo mariñeiro á economía das zonas...

A Xunta destaca a contribución do turismo mariñeiro á economía das zonas costeiras

0

Rosa Quintana puxo como exemplo o proxecto de cooperación Mar das Illas de creación de novas fontes de ingresos e de novas oportunidades de traballo arredor do mar e no que conflúen a cohesión territorial, a inclusión social e a mobilidade laboral

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou hoxe na inauguración da I Xornada internacional de turismo mariñeiro e pesca-turismo Mar das Illas, onde destacou o valor que ten esta actividade no desenvolvemento socioeconómico das zonas costeiras; especialmente na actualidade, engadiu, “nun momento de incerteza económica, no que necesitamos todos os recursos posibles, humanos e materiais, para saír adiante”.

Neste sentido definiu o turismo mariñeiro como “unha grande oportunidade de mellora e un camiño cara a recuperación económica co que Galicia gañará en seguridade e confianza”. Ademais destacou o papel das mulleres e os homes neste segmento, pois son parte do seu futuro económico “e un elemento de reforzo da autoestima como actividade”.

Por iso, explicou Rosa Quintana, a Xunta agradece todas aquelas iniciativas que unen pesca e turismo, porque “esta vía ten moito que ofrecer ao mundo” e puxo como exemplo o proxecto Mar das Illas de creación de novas fontes de ingresos e de novas oportunidades de traballo arredor do mar e no que conflúen a cohesión territorial, a inclusión social e a mobilidade laboral.

Esta iniciativa comezou o seu desenvolvemento no 2017 e está promovida polo grupo de acción local do sector pesqueiro (GALP) da ría de Pontevedra en colaboración dos GALP da ría de Arousa e ría de Vigo – A Guarda, do Parque Nacional das Illas Atlánticas, a Asociación Mar Seguro de Galicia e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores da Provincia de Pontevedra.

O proxecto xorde co obxectivo de outorgar ao sector unha formación completa que lle permita incorporarse ao turismo mariñeiro e conseguir o recoñecemento ao seu traballo no ámbito territorial do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Nesta liña a conselleira sinalou que xa son máis de 150 os profesionais formados, unha cifra que demostra que “o turismo é unha actividade fundamental para a nosa terra e o noso mar”.

Con ese obxectivo, explicou Rosa Quintana, Mar das Illas permitiu contar cunha gran capacidade para xerar novas vías de ingresos e emprego estable e complementario á actividade extractiva. Tamén contribuíu a afianzar o valor dos recursos pesqueiros e o coñecemento do traballo no mar e permitiu mellorar a calidade de vida dos mariñeiros e as súas familias nas Rías Baixas.

A xornadaA I Xornada internacional de turismo mariñeiro e pesca-turismo enmárcase no proxecto de cooperación Mar das Illas e está organizada polos GALP da ría de Pontevedra, ría de Arousa e ría de Vigo-A Guarda. Celébrase no Pazo da Cultura de Pontevedra cun aforo limitado a algunhas persoas do proxecto Mar das Illas e os inscritos poderán seguila por streaming. Ten entre os seus obxectivos ofrecer unha visión do estado das actividades de turismo mariñeiro e pesca-turismo a nivel estatal e europeo, achegando exemplos de proxectos que se están a desenvolver.

Tamén busca poñer de relevo o traballo realizado ao longo de todo o proxecto para que sirva de exemplo a outros territorios e servir de punto de encontro e debate para as persoas implicadas no desenvolvemento do turismo mariñeiro e pesca-turismo. Para iso ao longo da tarde contará coa participación de diferentes axentes vencellados ao desenvolvemento socioeconómico das zonas costeiras de Galicia, Italia, Portugal e tamén da rede europea de zonas de pesca. Na inauguración da xornada a conselleira do Mar estivo acompañada pola directora de Turismo de Galicia, Nava Castro e no acto tamén estiveron a delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, e a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre