Inicio Galicia A Xunta destaca a contribución do talento dos enxeñeiros químicos ao desenvolvemento...

A Xunta destaca a contribución do talento dos enxeñeiros químicos ao desenvolvemento industrial de Galicia

0

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, asistiu esta mañá, na Cidade da Cultura, á inauguración do EQday

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, destacou a contribución do talento dos enxeñeiros químicos ao desenvolvemento industrial galego durante a inauguración do EQday, esta mañá, na Cidade da Cultura.

Toca felicitou á Universidade de Santiago de Compostela polos 25 anos do inicio dos estudos de Enxeñaría Química e agradeceu ao Colexio Oficial de Enxeñeiras e Enxeñeiros Químicos de Galicia (COEQGa) o seu labor por promover e visibilizar esta profesión.

Neste sentido, a secretaria xeral puxo en valor a canteira de profesionais galegos e a súa importancia en todo tipo de sectores industriais: desde a automoción ao téxtil, pasando polo alimentario ou o forestal. Así, Toca subliñou que son o mellor exemplo de como unha Galicia máis preparada fai posible unha Galicia máis innovadora que aposta polas novas tecnoloxías e a dixitalización para contar con empresas máis competitivas e xerar emprego de máis calidade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre