Inicio Galicia A Xunta destaca a contribución das lanzadeiras de emprego na xeración de...

A Xunta destaca a contribución das lanzadeiras de emprego na xeración de novas oportunidades laborais

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou hoxe a Lanzadeira de Lugo, unha das nove que se están celebrando en Galicia e nas que a Xunta conta coa colaboración das Fundacións Telefónica e Santa María la Real

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou hoxe a III Lanzadeira de Emprego de Lugo, con motivo da súa finalización e destacou o papel deste tipo de iniciativas na xeración de novas oportunidades laborais para os galegos e galegas.

A de Lugo é unha das nove lanzadeiras da convocatoria actual deste programa que a Xunta realiza en colaboración coa Fundación Telefónica e coa Fundación Santa María la Real. En concreto, nesta cidade participaron un total de 21 alumnos, dos que máis da metade (12) xa atoparon un traballo grazas ao labor de formación e orientación que recibiron para mellorar a súa marca persoal. O conselleiro destacou que se trata dun dos programas que axudan a crear emprego de calidade en Galicia e sinalou que a maioría de participantes son mulleres menores de 30 anos.

Conde insistiu na importancia de traballar na oferta dunha formación dual para que os galegos e galegas teñan máis oportunidades. Así destaca a planificación que se recolle na Axenda 20 para o emprego con iniciativas como o Plan Galego de formación que o Consello aprobou onte.

Trátase dunha nova ferramenta que ten como principal obxectivo achegar formación cualificada a través de cursos adaptados ás necesidades tanto das empresas como das especialidades que demanda, nestes intres, o mercado laboral. Así, prevé beneficiar a máis de 26.000 persoas, entre desempregados e ocupados, a través de máis de 1880 cursos durante os vindeiros dous anos. Neste sentido, subliñou a importancia que teñen as empresas á hora de identificar as necesidades formativas e os itinerarios precisos para dar resposta ás súas demandas centradas, sobre todo, na incorporación da Industria 4.0.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre