Inicio Galicia A Xunta destaca a conciencia social como chave para erradicar a violencia...

A Xunta destaca a conciencia social como chave para erradicar a violencia contra as mulleres

0

A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, participou na inauguración do curso para a prevención e intervención en violencia de xénero

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na inauguración do curso para a prevención e intervención en violencia de xénero, un encontro para informar e formar sobre a violencia de xénero. A eliminación do maltrato contra as mulleres é un reto de toda a sociedade, puntualizou López Abella, quen concretou que se trata dunha tarefa conxunta que require unha actuación unitaria e a máxima coordinación entre multitude de axentes, tanto do sector público como o privado.

López Abella, que realizou a ponencia Programas e accións da Xunta de Galicia contra a violencia de Xénero, incidiu na importancia da conciencia social para erradicar o problema. Nesta liña, quixo destacar que os avances feitos ata hoxe conseguíronse co compromiso integral dende todos os ámbitos. A secretaria xeral recordou que Galicia aprobou hai doce anos a súa primeira lei específica de violencia de xénero, aprobada por unanimidade no Parlamento de Galicia.

A secretaria xeral da Igualdade tamén indicou que este é un momento crucial para impulsar definitivamente a construción dunha sociedade libre de violencia sobre as mulleres. De feito, na exposición, López Abella falou da campaña de prevención e actuación ante o acoso sexual e por razón de sexo no entorno laboral, unha actuación pioneira en España.

Outras actuacións pioneiras son, como enumerou a secretaria xeral, o servizo de quenda de garda psicolóxica para as mulleres vítimas de violencia de xénero e os seus fillos e fillas menores ou un programa de inserción laboral dirixido a mulleres en situación de violencia de xénero (o crédito entre 2016-2019 para estas axudas foi de 2.443.094€); ou as medidas de protección e asistencia integral para os orfos e orfas vítimas da violencia de xénero.

Toda a sociedade, rematou López Abella, ten que involucrarse no rexeitamento ós maltratadores e previr deste xeito la violencia contra as mulleres.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre