Inicio Galicia A Xunta destaca a colaboración entre institucións, empresas e asociacións para avanzar...

A Xunta destaca a colaboración entre institucións, empresas e asociacións para avanzar en novas tecnoloxías que melloren a competitividade do sector forestal

0

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, asistiu hoxe en Redondela a unha xornada técnica do Issga sobre a carpintería de madeira tradicional e a Industria 4.0


O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, asistiu esta mañá en Redondela á unha xornada técnica do proxecto Da carpintería de madeira tradicional á industria 4.0. Implicacións en prevención de riscos laborais, organizada polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), onde destacou a colaboración para avanzar en novas tecnoloxías que melloren a competitividade da industria forestal.

Na súa intervención, o director de Xera explicou que o obxectivo desta acción é achegar información e formación que dea resposta ás novidades técnicas e normativas, así como aos avances e innovacións nos procedementos de traballo e na maquinaria. A acción enmárcase na colaboración de Xera co Issga para prever a accidentabilidade no sector forestal mediante a colaboración coas asociacións e os colectivos profesionais.

Ao longo da xornada, os participantes recibiron información sobre seguridade, hixiene, ergonomía e psicosocioloxía sobre o traballo en carpintería da madeira e puideron realizar unha proba virtual onde se recrearon diferentes escenarios que representan as condicións habituais de vernizado con pistola, a través dun simulador -unha réplica de pistola de vernizado, co seu peso e funcionalidade real-. Grazas a esta ferramenta 4.0, os asistentes evitan o risco de exposición e contaminación ambiental ao non estaren fisicamente expostos a substancias tóxicas permitindo aforrar, ademais, custos no adestramento.

Lema puxo en valor esta nova ferramenta “ideal para a formación xa que o seu uso non só permite simular o posto de traballo sen asumir riscos, senón que permite avaliar o traballo feito mediante distintos parámetros de calidade”. Neste sentido, o director puxo en valor a colaboración entre institucións, empresas privadas e asociacións para conseguir tecnoloxías que permiten contar con ferramentas como este simulador e lembrou que este avance é froito do proxecto Erasmus Plus liderado pola Axencia Galega de Innovación (Gain) coa colaboración do CIS Tecnoloxía e Deseño, do CIS Madeira e de empresas do sector.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre