Inicio Galicia A Xunta destaca a colaboración dos colexios profesionais no eido da formación,...

A Xunta destaca a colaboración dos colexios profesionais no eido da formación, de captación de talento e de divulgación do potencial da industria forestal

0

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou hoxe, en Santiago de Compostela, na clausura do curso ‘Habilidades directivas na cadea monte industria’

O director da Axencia Galega de Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou hoxe na clausura do curso Habilidades directivas na cadea monte industria, organizado polo Colexio oficial de enxeñeiros técnicos forestais de Galicia e na que destacou o papel destas entidades e a súa colaboración coa Administración autonómica no eido formativo, na captación de talento e na divulgación das potencialidades da industria forestal.

O curso -dirixido a profesionais que desenvolvan tarefas e funcións de dirección de equipos en toda a cadea de valor, desde serradoiros a consultoras- pretende dotar aos mandos intermedios de competencias de liderado, motivación laboral ou fomento do traballo en equipo.

Esta iniciativa enmárcase na Estratexia de formación da industria forestal impulsada pola Xunta de Galicia, dentro da que se vén de resolver a orde de axudas de formación para este ano, pola que se realizarán 130 accións con contidos específicos para a industria forestal. Neste caso concreto, diríxese a fomentar as habilidades na xestión de persoas e á captación de talento para a industria forestal.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre