Inicio Galicia A Xunta destaca a certificación forestal como garantía para os consumidores e...

A Xunta destaca a certificación forestal como garantía para os consumidores e aposta pola competitividade desta industria

0
image_gallery.jpg

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou nunha xornada organizada en colaboración coa entidade certificadora PEFC


O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, participou hoxe mediante videoconferencia nunha xornada sobre novidades na certificación forestal organizada pola entidade PEFC. Na súa intervención, Lema destacou que a Xunta está a fomentar a implantación da certificación no erixe e da cadea de custodia como garantía aos consumidores e como elemento de incremento da competitividade da industria ofrecendo produtos respectuosos co medio ambiente.

O director de Xera subliñou que as novas políticas de economía verde impulsada pola Unión Europea fan aínda máis importante a certificación forestal como aval de que a madeira utilizada procede de bosques xestionados de xeito sostible, xunto coa trazabilidade das empresas transformadoras.

Neste sentido, subliñou que os organismos certificadores, como PEFC, están chamados a desenvolver un papel principal no fomento de procedementos de trazabilidade, garantía do produto e implantación de tecnoloxías dixitais que lle permitan ás empresas transformadoras garantir ao consumidor final os requisitos de sostibilidade do produto.

A xornada celebrada hoxe conta co apoio da Xunta dentro da Estratexia de Formación da Industria Forestal. Neste marco, Xera apoia con preto de 500.000 euros a posta en marcha de 157 accións formativas, nas que se espera que participen 2500 profesionais, e 14 accións de divulgación que se prevé que chegarán a 10.000 persoas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre