Inicio Galicia A Xunta destaca a capacidade de superación e a aposta pola transformación...

A Xunta destaca a capacidade de superación e a aposta pola transformación da empresa das Neves Maderas Vial

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou hoxe as instalacións desta compañía da industria forestal, que aposta por solucións innovadoras e centradas na formación para asegurar o seu desenvolvemento

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe a capacidade de superación e a aposta pola transformación da madeira de Maderas Vial, situada no concello pontevedrés das Neves. Na súa visita ás instalacións, o conselleiro destacou que esta empresa familiar, que pasa xa pola terceira xeración, aposta por solucións innovadoras e centradas na formación para asegurar o seu desenvolvemento.

A compañía, que sufriu un incendio en 2017, foi unha das 14 empresas beneficiarias da liña de axudas para paliar os efectos dos lumes, que permitiu mobilizar preto de 3 millóns de euros. Maderas Vial, que contou coa axuda de maior contía, 600.000 euros, reparou tanto o establecemento como as propias existencias. A compañía volve estar activa cunha liña de execución maior, incluíndo un novo subproduto que lle permitirá aumentar a produción un 50%.

A Xunta aposta pola industria forestal como unha peza clave para lograr unha Galicia máis verde, e, a través da Axenda da Industria Forestal, que permitirá mobilizar 125 millóns de euros ata 2021, aposta pola bioeconomía para atopar novos mercados, fomentando o emprego verde e buscando novas aplicacións para a madeira, en eidos como o enerxético, a saúde, o deseño e a construción, e sectores estratéxicos como o naval e a automoción.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre