O secretario xeral de Cultura e Turismo e a directora xeral de Avaliación Reforma Administrativa e secretaria Xeral da Igualdade por delegación participaron na presentación deste evento que finalizará o domingo
O secretario xeral da ConsellerÃa de Cultura e Turismo, Manuel Vila, e a directora xeral de Avaliación Reforma Administrativa e secretaria Xeral da Igualdade por delegación, Natalia Prieto, participaron hoxe na presentación do Abanca PantÃn Classic Galicia Pro 2020 que representa un dos eventos de surf máis sólidos e lonxevos do mundo.
No escenario excepcional da praia de PantÃn, o certame celebra a súa 33 edición ata o dÃa 23 de agosto atraendo a un importante número de profesionais de alto nivel e os datos sobresaÃntes a nivel de competición e de asistencia de anos anteriores repercuten de xeito directo non só no concello de Valdoviño, senón en todos os concellos de Ferrolterra e na imaxe de Galicia o que contribúe a internacionalizar e a posicionar a nosa terra no exterior.
A Xunta de Galicia cre firmemente que o deporte é un xeito de enriquecer a actividade turÃstica da nosa Comunidade. Neste sentido, durante os últimos anos a administración autonómica busca o impulso de Galicia como destino deportivo de primeiro nivel e este evento é unha proba da forte unión que existe entre deporte e turismo activo.
O impacto da crise sanitaria ao sector turÃstico esixiu dunha resposta inmediata por parte da Xunta de Galicia. Por este motivo, Galicia foi a primeira Comunidade en aprobar un Plan de Reactivación dos sectores TurÃstico e Cultural dotado con 58 millóns de euros. Entre as súas principais medidas recolle a de Galicia destino seguro para impulsar a nosa terra como destino fiable e de calidade. O Abanca PantÃn Classic Galicia Pro 2020 cumpre con estas caracterÃsticas grazas ao traballo conxunto da organización e das administracións o que permitirá que este evento se desenvolva con normalidade. Agora seguirá exercendo como un motor de impulso para a reactivación e xeración de riqueza no noroeste galego.