Inicio Galicia A Xunta destaca a aposta de Fundiciones Rey pola diversificación, a formación,...

A Xunta destaca a aposta de Fundiciones Rey pola diversificación, a formación, a innovación e a internacionalización para impulsar a súa competitividade

0

O conselleiro de Economia, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou hoxe esta empresa de Vilagarcía de Arousa que cumpre o seu 75 aniversario

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou hoxe a empresa Fundiciones Rey en Vilagarcía de Arousa con motivo do seu 75 aniversario, onde destacou que, ao igual que fixo esta compañía, a Xunta está a apostar pola diversificación, a formación, a innovación e a internacionalización para impulsar en Galicia a competitividade do tecido produtivo.

Conde explicou que a aposta de Fundiciones Rey por estes catro factores clave fixo posible que hoxe en día sexa un referente do seu sector tanto no naval como no eido do mobiliario urbano. A compañía naceu como unha pequena fundición de bronce de seis traballadores e na actualidade conta cunha produción de 3000 toneladas ao ano, 48 empregados e cun 15% de exportacións directas. Prevé, ademais, pechar 2019 cunha facturación próxima aos 9 millóns de euros. Traballa para clientes como ArcelorMittal, Navantia, Hijos de Rivera ou Svenska Bearing.

A Administración autonómica impulsa, da man do tecido empresarial, a diversificación a través da Axenda Industria 4.0; as vendas ao exterior coa Estratexia de Internacionalización; a innovación co Plan Galicia Innova; e a formación a través de programas para traballadores e desempregados que ofrecen unha cualificación á carta adaptada ás necesidades reais das empresas.

Conde apuntou que Fundiciones Rey é un exemplo de diversificación porque comezou a súa actividade con pequenos obxectos de bronce para converterse hoxe en día nunha peza fundamental para moitas compañías do sector naval, mobiliario urbano, no eido artístico ou na fundición de novos materiais. No campo da internacionalización, a empresa colabora con centros como Aimen e no ámbito da innovación traballa na mellora da calidade do produto a través da I+D+i e en medidas de aforro enerxético e mellora medioambiental. Tamén colabora coa siderúrxica Mondragón para a instalación de impresión aditiva en 3D para a fabricación de moldes de última xeración.

O conselleiro, deste xeito, destacou a diferenciación e singularidade desta compañía, dous elementos clave que, en palabras de Conde, están a fixar o tecido industrial en Galicia e na comarca do Salnés.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre