Inicio Galicia A Xunta destaca a aportación de Galicia á industria de comercialización de...

A Xunta destaca a aportación de Galicia á industria de comercialización de produtos do mar

0

A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez, destacou hoxe en Santiago que Galicia é a comunidade española que maior relevancia ten na industria de comercialización de produtos do mar. Neste sentido, sinalou que a comunidade autónoma galega aporta a este sector o 45% do tecido empresarial, con máis de 200 empresas; máis do 60% do valor económico global, con máis de 6.100 millóns de euros, e o 57% do cómputo total de emprego, o que se traduce en máis de 13.200 postos de traballo.

Ademais Mercedes Rodríguez destacou o apoio da Xunta ás empresas galegas para abrirse ao mundo a través da participación en feiras nacionais e internacionais de pesca, acuicultura e alimentación. Un apoio, subliñou, que ten como obxectivo a mellora das canles de comercialización e distribución dos produtos do mar de Galicia e axudar ás empresas galegas a ampliar os seus contactos comerciais e expandir a súa actividade. Nestes aspectos fixo fincapé a directora xeral durante a clausura do III Foro do Clúster Alimentario de Galicia.

Leer más:  El BNG denuncia que Altri puede ser "el tiro de gracia" para una Ría de Arousa "en continua caída productiva"

- Te recomendamos -