Inicio Galicia A Xunta deseñará unha estratexia conxunta para facer fronte e mitigar os...

A Xunta deseñará unha estratexia conxunta para facer fronte e mitigar os efectos do Brexit en Galicia

0

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu hoxe a primeira reunión do Grupo de Traballo Interdepartamental para facer un seguimento e propoñer medidas ante o Brexit


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu hoxe a primeira reunión do Grupo de Traballo Interdepartamental para avaliar a incidencia do Brexit en Galicia, órgano no que participan varios departamentos do Goberno galego, onde acordaron deseñar unha estratexia conxunta para facer fronte e mitigar os efectos do Brexit en Galicia.

Como xa avanzou o vicepresidente da Xunta a semana pasada en Madrid no pleno da Conferencia para Asuntos Relacionados coa Unión Europea (CARUE), o sector pesqueiro será unha prioridade, xa que 150 buques galegos faenan en augas británicas e dan emprego a 1.700 tripulantes. O grupo de traballo solicitará ao Goberno central traballar na UE para que calquera acordo nas medidas de continxencia inclúa que a frota galega poida permanecer nos caladoiros británicos.

A Xunta tamén instará a negociar un acordo pesqueiro que garanta as capacidades da pesca con posibles axudas á frota no caso dun Brexit duro ou de producirse unha retirada do caladoiro. De darse esta situación, o Goberno galego pide que se arbitren os fondos necesarios pero sen que sexa a costa de detraer partidas do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca, que xa ten recursos comprometidos e asignados a outras necesidades.

A través deste grupo de traballo, a Xunta tamén reclamará ao Goberno que nas medidas de reciprocidade se garantan os dereitos dos 14.000 galegos que residen no Reino Unido, e que abranguen aspectos tan importantes como a asistencia sanitaria, a seguridade social ou a residencia. Nesta liña, demanda ademais ao Executivo central reforzar o intercambio de información durante a negociación da relación futura entre o Reino Unido e a UE.

O mercado británico é o cuarto destino das exportacións galegas . Por iso, segundo indicou o vicepresidente da Xunta, o Igape tamén ofrecerá servizos de consultaría fiscal, laboral, xurídica e administrativa ás empresas galegas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre