Inicio Galicia A Xunta demándalle ao Goberno de España que restableza os servizos do...

A Xunta demándalle ao Goberno de España que restableza os servizos do tren hotel que conecta Galicia con Madrid e con Barcelona

0

Salienta que a covid-19 non pode ser escusa para reducir os servizos de transporte ferroviario aos galegos

A Xunta pídelle ao Goberno español que restableza os servizos do tren hotel que conecta Galicia con Madrid e con Barcelona. O director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, remitiulle un escrito ao representante institucional de Renfe en Galicia lamentando a decisión da operadora, que descarta retomar de modo inmediato as conexións ferroviarias en horario nocturno entre a Comunidade galega e Madrid e Barcelona, unha vez se restableza o tráfico e os servizos co levantamento do estado de alarma. A Xunta leva meses denunciando o desmantelamento progresivo dos servizos ferroviarios que operan en Galicia e advirte que a situación xerada pola covid-19 non pode ser unha escusa para reducir os servizos de transporte de tren aos galegos. Lembra que esta non é unha situación nova, senón que xa desde o outono pasado se veñen repetindo incidencias e continuas queixas dos usuarios polos servizos nestas liñas. No seu escrito, o director xeral de Mobilidade lamenta a nova discriminación do Goberno central aos galegos que suporía a suspensión das conexións ferroviarias en horario nocturno con Madrid e con Barcelona e pídelle a Renfe información puntual e de primeira man sobre os seus plans para os servizos ferroviarios que presta na Comunidade. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre