Inicio Galicia A Xunta demanda un compromiso firme por potenciar a competitividade do noroeste...

A Xunta demanda un compromiso firme por potenciar a competitividade do noroeste peninsular a través do Corredor Atlántico de Mercadorías

0

Ethel Vázquez lembra a alianza de éxito formada polas forzas políticas, económicas e sociais de Galicia, Castela e León e Asturias, que conseguiu o respaldo da UE para a incorporación do Noroeste ao Corredor Atlántico


A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, demandou hoxe un compromiso firme por potenciar a competitividade do Noroeste peninsular a través da oportunidade que representa a súa incorporación ao Corredor Atlántico de Mercadorías para optar a fondos comunitarios cos que modernizar a liña ferroviaria.

Así o trasladou a conselleira durante a súa participación hoxe en Vigo no xantar coloquio organizado polo Círculo de Empresarios de Galicia co presidente da Plataforma Atlántico Noroeste e presidente da Federación Galega de Empresarios, Luis Javier Cepedano, que foi presentado polo presidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, Jorge Cebreiros.

Ethel Vázquez lembrou que Galicia, Castela e León e o Principado de Asturias formaron unha alianza de éxito a través das súas forzas políticas, económicas e sociais, que logrou que se corrixise o erro histórico de deixar o Noroeste peninsular fóra do Corredor Atlántico de Mercadorías.

Esa posición conxunta obtivo o respaldo da Unión Europea e abriu a posibilidade de optar a fondos europeos para a modernización da liña ferroviaria de mercadorías e reforzar as conexións dos principais centros loxísticos, como os portos.

A conselleira lamentou que se deixara pasar xa desde a Administración central do Estado a primeira oportunidade de solicitar fondos europeos para impulsar proxectos estratéxicos para a competitividade do Noroeste, como a saída sur de Vigo. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre