Inicio Galicia A Xunta demanda que o Ministerio de Transportes informe sobre as súas...

A Xunta demanda que o Ministerio de Transportes informe sobre as súas previsións para a chegada do AVE a Ourense e para as obras comprometidas na estación intermodal

0

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade aposta por facilitar os investimentos do Estado en Ourense en lugar de promover o abandono dos proxectos comprometidos para o progreso da cidade

A Xunta de Galicia demanda que o Ministerio de Transportes informe sobre as súas previsións para a chegada do AVE á cidade de Ourense e para a execución das obras comprometidas na estación intermodal.

A Xunta considera necesario ter en conta que unha modificación radical do proxecto da estación intermodal impediría a finalización das obras da alta velocidade ferroviaria. O Ministerio de Transportes executou recentemente unhas obras de reformulación da praia de vías que supuxeron un investimento de 17 millóns de euros e que tiveron por finalidade adaptar as instalacións á chegada do AVE.

Alterar agora ese espazo suporía asumir un atraso adicional na chegada do AVE a Galicia, ao afectar, ademais de á preparación da estación, á boa parte do treito de obras da liña ferroviaria entre Pedralba da Pradería e Ourense.

Cumprimento dos acordosA Xunta, o entón Ministerio de Fomento, Adif e o Concello de Ourense asinaron no ano 2016 un acordo de colaboración para impulsar conxuntamente a estación intermodal da cidade.

Conforme a ese acordo, a Administración autonómica está a executar na actualidade unha nova terminal de autobuses integrada na estación de ferrocarril, conforme o proxecto que foi aprobado pola Comisión Superior de Urbanismo de Galicia tras superar un proceso de información pública na que todos os interesados puideron presentar alegacións que foron tidas en conta de forma maioritaria.

Tamén está previsto nese acordo o aparcadoiro subterráneo do complexo intermodal que actualmente está a executar Adif, e que a Xunta financia nunha porcentaxe superior ao 65% do seu custo total. Ese aparcadoiro prestará servizo á estación intermodal, pero está dimensionado para atender tamén as necesidades do barrio ourensán da Ponte, no que se atopa a terminal, e cuxos edificios carecen maioritariamente de garaxes.

O acordo asinado prevé tamén, como responsabilidades do Goberno de España, unha importante remodelación da terminal ferroviaria, así como a integración urbana dos barrios da Ponte e do Vinteún, de forma que tanto a estación como a cidade estean preparadas para a chegada do AVE.

Por este motivo, o Goberno galego considera imprescindible que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana aclare cales son as previsións que manexa para a chegada do AVE á cidade de Ourense, tanto no tocante ás obras de adaptación da vía convencional como no relativo á Variante Exterior. E, ademais, que concrete o calendario e alcance das obras que prevé executar na estación de ferrocarril.

A ese respecto, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade aposta por facilitar os investimentos comprometidos polo Estado en Ourense, en lugar de promover o abandono dos proxectos de progreso da cidadeNa mesma liña, a Xunta trasladoulle onte ao responsable de Renfe en Galicia a súa exixencia de garantías de calidade para uns servizos ferroviarios dignos na Comunidade en xeral e na provincia de Ourense en particular.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre