Inicio Galicia A Xunta demanda que o Ministerio de Fomento que traslade ás comunidades...

A Xunta demanda que o Ministerio de Fomento que traslade ás comunidades autónomas información clara da súa proposta de regulación do taxi e das VTC

0

Os conselleiros que hoxe se reuniron incidiron en que Fomento debe convocar aos responsables autonómicos para abordar os cambios na regulación das VTC que proxectan aprobar de xeito inminente no Consello de Ministros


A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, mantivo hoxe un encontro de traballo cos seus homólogos das comunidades de Madrid, Castela e León, A Rioxa e Murcia, na que coincidiron na necesidade de que o Ministerio de Fomento traslade información ás autonomías sobre a súa proposta de regulación do taxi e dos vehículos de alugueiro.

Na reunión, os conselleiros incidiron en que o Ministerio de Fomento debe convocar aos responsables autonómicos para abordar os cambios na regulación das VTC que proxectan aprobar de xeito inminente no Consello de Ministros.

Vázquez Mourelle subliñou que “non se pode lexislar sen dialogar”, xa que primeiro cómpre abordar esta iniciativa coas comunidades, na Comisión Nacional de Transportes ou na Comisión de Directores de Transporte, como é habitual.

Indicou que é imprescindible que se resolva esta problemática, alí onde se xerou, no seo ministerial e a nivel Goberno estatal, e antes de iniciar futuros trámites de traspaso de competencias ás comunidades autónomas é preciso que as mesmas coñezan o contido desta iniciativa lexislativa de ámbito nacional.

Leer más:  O mal tempo non frea aos peregrinos: Santiago recibe 4.000 camiñantes antes do arranque dos festivos

- Te recomendamos -