Inicio Galicia A Xunta demanda ao goberno municipal do Porriño implicación para avanzar na...

A Xunta demanda ao goberno municipal do Porriño implicación para avanzar na solución aos problemas dos veciños de Budiño

0

A Axencia Galega de Infraestruturas agarda desde outubro a coñecer a posición do goberno local sobre a actuación proposta de construción dunha variante á estrada autonómica PO-510

A Xunta de Galicia demanda do goberno municipal do Porriño implicación para avanzar na solución aos problemas manifestados polos veciños do núcleo de Budiño en relación coa estrada autonómica PO-510.

A Axencia Galega de Infraestruturas agarda desde o pasado outubro a que o goberno municipal do Porriño manifeste a súa posición sobre a actuación formulada polos técnicos autonómicos para a estrada autonómica PO-510. Trátase dunha solución que, ademais de atender as demandas dos veciños de Budiño, resolve outras necesidades. En concreto, a proposta consiste na construción dunha variante da estrada PO-510 con conexión directa coa A-55 para liberar tráfico e mellorar a mobilidade nesta parroquia. Desa forma eliminaríase o paso de boa parte dos vehículos polos tres primeiros quilómetros da vía autonómica, de xeito que os dous primeiros darían servizo ás canteiras e ao polígono e o terceiro facilitaría a mobilidade dos veciños de Budiño.

Esta alternativa beneficiaría, ademais, aos produtores de granito, ao polígono empresarial da Granxa e aos municipios de Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño, ao proporcionarlles unha mellor conexión coa A-55.

A pesar da preocupación dos veciños polo asunto, a alcaldesa do Porriño non acudiu ás ultimas xuntanzas coa Xunta para abordar este asunto, nin se deu aínda traslado da postura do Concello sobre a proposta formulada, tal e como se comprometera na xuntanza anterior.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre