Inicio Galicia A Xunta demanda ao Goberno central que defenda en Bruxelas o acordo...

A Xunta demanda ao Goberno central que defenda en Bruxelas o acordo pesqueiro ante o final das negociacións do Brexit

0
image_gallery.jpg

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou esta tarde por videoconferencia na 63ª reunión do pleno da Conferencia para Asuntos Relacionados coa Unión Europea (CARUE)


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado polo director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe por videoconferencia na 63ª reunión do pleno da Conferencia para Asuntos Relacionados coa Unión Europea (CARUE), na que a Xunta solicitou ao Goberno central que defenda vincular o acordo de pesca ao de libre comercio nas negociacións do Brexit. O Goberno galego considera que, tendo en conta que as posibilidades de que a saída de Reino Unido da Unión Europea remate sen acordo cun Brexit duro son cada vez maiores, o Executivo estatal debe defender en Bruxelas nesta parte final das negociacións o acordo pesqueiro acadado para garantir que os barcos da UE poidan faenar nos caladoiros británicos.

Deste xeito, a Xunta pide, ao igual que varios Estados membros, que o acordo comercial que permita a Reino Unido acceder ao mercado europeo vaia precedido deste acordo de pesca. A Administración autonómica busca así defender os intereses das 1.700 persoas que faenan nos 150 buques galegos en augas británicas.

O vicepresidente primeiro da Xunta tamén trasladou ao Executivo estatal que solicite que a Reserva de Axuste do Brexit, destinada a compensar aos sectores máis afectados, permita beneficiar tamén ás rexións prexudicadas pola concentración de máis buques nas súas zonas de traballo debido ao abandono de augas británicas e se inclúa este criterio, así como a influencia económica, e non só a proximidade xeográfica co Reino Unido.

Por outra parte, a Xunta reclamou a aprobación dun real decreto de medidas transitorias para que os barcos de bandeira británica e capital galego que faenan no Gran Sol poidan manter as súas operacións en portos galegos como Celeiro ou Burela. Tamén demandou crear novas unidades de Aduanas e Postos de Inspección Fronteiriza ou reforzar as existentes para non colapsar as descargas.

Participación das comunidades autónomas nos Consellos de Pesca da UENo encontro de hoxe, Alfonso Rueda, trasladou ademais a proposta de Galicia para que debido ás restricións pola pandemia, que limitan a un máximo de catro postos por Estado membro nos Consellos da UE, un deles sexa ocupado por un representante autonómico con rango de conselleiro como así corresponde por lei.

Deste xeito, a Xunta reiterou a necesidade de participación das comunidades nos grupos de traballo e nas reunións do Consello da UE de Pesca e garantir a súa representatividade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre