Inicio Galicia A Xunta demanda ao Goberno central coñecer que cantidade vai recibir Galicia...

A Xunta demanda ao Goberno central coñecer que cantidade vai recibir Galicia do fondo de resiliencia para a administración de xustiza

0
image_gallery.jpg

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, participou hoxe nunha reunión da Conferencia Sectorial de Xustiza co Ministerio e o resto de comunidades autónomas


O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, demandou hoxe ao Goberno central saber que cantidade exacta vai recibir Galicia do Fondo de Resiliencia para a Administración de Xustiza.

Así o trasladou hoxe durante a reunión da Conferencia Sectorial de Xustiza, onde participou o ministro de Xustiza, Juan Carlos Campo, e representantes do resto de comunidades autónomas.

Na xuntanza, abordouse o proxecto de Presupostos Xerais do Estado, que inclúe un programa destinado á xustiza no marco do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia. Dentro desta partida, unha parte irá ás comunidades autónomas, aínda que o Ministerio aínda non precisou esa distribución. Por iso, a Xunta demanda coñecer con anticipación esa contía para poder realizar unha planificación dos fondos axeitada.

Ademais, no encontro a Xunta tamén pediu o apoio do Goberno central a proxectos de mellora da eficiencia do servizo público de xustiza, como a inmediación dixital que busca ampliar a relación da cidadanía coa Xustiza, a través de recursos e servizos como os xuízos telemáticos, a atención ao cidadán mediante cita previa ou, incluso, a través do sistema de videoconferencia.

Tamén se persegue que os distintos sistemas de información de cada administración encargada da xustiza poidan cruzar datos para logo poder extraer información relevante de cargas de traballo, utilización de aplicación ou persoas que están teletraballando, etc. Desde Galicia apóstase por un modelo federado, que permita cruzar información entre as distintas administracións.

No encontro, tamén trataron outros proxectos conxuntos sobre sistemas de información compartidos entre a Xunta e o Ministerio, como é o caso de Lexnet, Minerva e Fortuny. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre