Inicio Galicia A Xunta demanda a realización dun estudo para avaliar o impacto que...

A Xunta demanda a realización dun estudo para avaliar o impacto que terá a chegada do AVE a Galicia sobre os aeroportos da Comunidade

0

O Goberno galego considera necesaria a elaboración deste informe ao ter en conta que o 30% dos pasaxeiros do sistema aeroportuario galego teñen como destino ou orixe Madrid

A Xunta demandou hoxe na reunión do Comité de rutas aéreas a realización dun estudo para avaliar o impacto que terá a chegada do AVE a Galicia sobre os aeroportos da comunidade.

O Goberno galego considera necesaria a elaboración deste informe ao ter en conta o dato de que o 30% dos pasaxeiros do sistema aeroportuario galego teñen Madrid como destino ou orixe.

O director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, reiterou na xuntanza de hoxe o seu ofrecemento a traballar pola coordinación aeroportuaria desde unha unidade de acción de todas as administracións. No eido das súas competencias, trasladou o seu compromiso a reforzar o transporte público por estrada entre as cidades e os aeroportos, aproveitando a posta en marcha do Plan de Transporte Público de Galicia no ano 2019.

Lembrou que o Goberno galego non destina o diñeiro público a subvencionar compañías aéreas privadas e rexeita que se faga para duplicar destinos, sen criterios de demanda e sen garantías de retorno económico e turístico para as cidades.

Leer más:  El Ayuntamiento de Vigo ha otorgado la redacción del proyecto del túnel entre Elduayen y Torrecedeira por un valor de 288.000 euros

Neste sentido, a Xunta lamenta a postura do Concello de Vigo, que en lugar de traballar pola competitividade de Peinador, contribuíndo á coordinación aeroportuaria, está a realizar afirmacións sen acreditar sobre os investimentos públicos nos aeroportos.

A Xunta reitera que é rotundamente falso que o actual Goberno galego destinase 23 millóns de euros máis a Lavacolla e Alvedro que a Peinador. E lembra que no marco das súas competencias, a comezos do ano 2016 se lle ofreceu colaboración técnica e económica ao Concello de Vigo para mellorar a conexión de autobús urbano entre o centro da cidade e a terminal de Peinador. Ese servizo realízase a través dunha liña de transporte urbano de Vigo.

A resposta do Concello a ese ofrecemento da Xunta consistiu en demandar os fondos públicos autonómicos para pór en marcha un servizo de autobús máis caro que o que existe actualmente, e que o resto dos Vitrasa que operan na cidade, que realizaría ademais un percorrido máis longo e duradeiro, e polo tanto, menos atractivo para os usuarios.


- Te recomendamos -