Inicio Galicia A Xunta defende o peso da loxística na economía galega e o...

A Xunta defende o peso da loxística na economía galega e o seu papel como vector de competitividade para o sector industrial

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou na presentación da Estratexia de Optimización Loxística de Galicia, que mobilizará máis de 20 millóns de euros ata 2022


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe na presentación da Estratexia de Optimización Loxística de Galicia o peso do sector na economía galega, co 4% do PIB galego, máis de 50.000 empregos e preto de 12.000 empresas vinculadas, apuntando ademais que a loxística é un vector de competitividade para o sector industrial galego.

Así, explicou que “non podemos pensar nunha industria competitiva sen unha loxística eficiente e unha loxística integral, que xere unha capacidade de transporte e unha capacidade competitiva desde o punto de vista dos prezos que teñen que asumir as nosas empresas”. Por iso, a nova Estratexia, elaborada xunto co sector, e que mobilizará máis de 20 millóns de euros ata 2022, Galicia busca anticiparse e incorporar os aspectos vinculados coa dixitalización e coa tecnoloxía, a través do big data, do internet das cousas ou da intelixencia artificial, ao tempo que se garante a sustentabilidade.

Ao mesmo tempo que bota a andar a Estratexia, constitúese o Clúster da Función Loxística, que tal e como sinalou o conselleiro conta con empresas de enorme importancia para o tecido produtivo galego, como Kaleido, Gadisa, Finsa, Estrella Galicia, Pérez Torres Marítima, Delta Vigo, e a Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.

Conde anunciou que se adoptarán medidas concretas que faciliten o desenvolvemento do sector loxístico de Galicia, entre as que destacou os centros de servizo ao transporte por estrada e unha plataforma dixital que permita contratar servizos para que as empresas poidan transportar de forma competitiva os seus produtos. Tamén sinalou que se vai poñer en marcha unha aceleradora para impulsar proxectos que permitan ser máis competitivos ás diferentes empresas.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria fixo fincapé en que a nova estratexia é “unha aposta pola loxística que significa unha aposta pola industria”, para que, a través da loxística, “as nosas empresas poidan ser máis competitivas nun escenario cada vez máis marcado pola capacidade que temos de enviar os nosos produtos e tamén de incorporar materias primas que necesitamos”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre