Inicio Galicia A Xunta defende ante os empresarios de Pontevedra que un dos maiores...

A Xunta defende ante os empresarios de Pontevedra que un dos maiores retos das pemes é reinventarse empregando a tecnoloxía

0

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou de no encontro ‘Reinventa a túa empresa’, organizado pola Asociación de Empresarios da Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra (Aempe)


O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe durante a súa participación na xornada en liña Reinventa a túa empresa, organizada pola Asociación de Empresarios da Pequena e Mediana Empresa de Pontevedra (Aempe), que un dos maiores retos do tecido empresarial galego é reiventarse, sendo a tecnoloxía a ferramenta máis poderosa para facelo e seguir adiante.

Na súa intervención, Conde informou aos participantes que, neste ámbito, a Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) as axudas do Cheque dixital –dirixido a apoiar o teletraballo e as iniciativas empresariais que se desenvolvan no rural– e do programa Galicia Exporta Dixital –do que por primeira vez tamén se pode beneficiar o sector do comercio–, aos que o Goberno galego destina nestas convocatorias 7 e 3,6 millóns de euros, respectivamente.

Ademais, no marco tamén do Plan de reactivación económica impulsado pola Xunta, a próxima semana activarase unha nova edición das axudas á dixitalización, dotada con 5,4 millóns de euros.

O conselleiro subliñou que son moitas as empresas que están sabendo reinventarse nas actuais circunstancias, apuntando que a Xunta ten abertas liñas de axudas para impulsar a reorganización produtiva e a fabricación en Galicia de materiais de protección. Fixo ademais fincapé nos diferentes apoios activados en ámbitos como a liquidez empresarial ou a instalación de medidas de protección.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre