Inicio Galicia A Xunta defende a súa proposta realista e viable para evitar 17...

A Xunta defende a súa proposta realista e viable para evitar 17 anos máis de subas extraordinarias da AP-9 e reducir o desequilibrio con outras comunidades

0

Francisco Menéndez lamenta que o Goberno estatal non respondera ao plantexamento da Administración autonómica e autorice unha nova suba extraordinaria dos prezos da autoestrada o vindeiro 1 de xaneiro


O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, compareceu hoxe a petición propia no Parlamento de Galicia, onde defendeu a proposta realista e viable da Xunta para evitar 17 anos máis de subas extraordinarias da AP-9 e reducir o desequilibrio con outras comunidades.

Francisco Menéndez subliñou que o Goberno galego lamenta que o Executivo estatal non respondera á proposta autonómica e autorice unha nova suba extraordinaria dos prezos da autoestrada o vindeiro 1 de xaneiro.

Cómpre lembrar que o 11 de decembro a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade lle remitiu ao secretario de Estado de Infraestruturas unha proposta para paliar o impacto das peaxes da AP-9 na economía familiar e na competitividade de Galicia.

O director explicou que a alternativa se centra en dúas medidas, a primeira, a revisión da aplicación do Real Decreto que fixa o aumento de tarifas do 1 % acumulativo durante 20 anos para financiar a ampliación da autoestrada en Santiago e na ponte de Rande.

Trátase de revisar o acordo pechado en 2011 polo Goberno socialista coa concesionaria, eliminando os pagos inxustificados, xa que, de cumprirse nos seus termos, suporá que os galegos paguen a Audasa mediante as peaxes un total de 1.400 millóns de euros por unhas obras que custaron preto de 230 millóns. Neste sentido, a Xunta propón que o custo das obras se afronte a través dos Presupostos Xerais do Estado en lugar de con subas de peaxe e sen incluír beneficios inxustificados para a concesionaria.

Así, proponse un pago anual á concesionaria de 53,1 millóns de euros durante 5 anos por parte dos Presupostos Xerais do Estado que, sumado ás dúas subas de peaxe xa acometidas, permitiría evitar novos incrementos extraordinarios.

Lembra que a Xunta xa conseguiu revisar o acordo de subvención das peaxes de Rande e A Barcala, asinado no ano 2006 co Goberno bipartito e que supuña un “enriquecemento inxusto” para a concesionaria da AP-9.

Tamén considerou inaceptables cláusulas do acordo como a compensación a Audasa polo incremento do imposto de sociedades que asumirá a consecuencia de ter máis beneficiosPor outra parte, a segunda medida que inclúe a proposta da Xunta é a bonificación do 25 % no custo da peaxe a aqueles usuarios que realizan un mesmo traxecto de ida e volta no mesmo día, a aplicarse tanto á viaxe de ida coma ao de volta e tamén a vehículos pesados e as fins de semana.

Agravio a GaliciaFrancisco Menéndez lembrou que a AP-9 é o principal eixo de comunicación da comunidade ao conectar cinco cidades de Galicia -Ferrol, A Coruña, Santiago, Pontevedra e Vigo- e vertebrar así o 60% da poboación galega.

Subliñou que nun contexto no que o Executivo estatal está a levar a cabo unha política de liberalización e bonificación de peaxes noutras comunidades autónomas, a AP-9 continúa a sufrir subas extraordinarias na contía das súas tarifas.

Indicou que estes incrementos nos importes das peaxes lastran a competitividade económica galega, repercuten un importante custo ás familias e empeoran a seguridade viaria das estradas convencionais.

Autoestradas autonómicasCómpre destacar que fronte a esta situación de agravio que supón a AP-9 na comunidade galega, a Xunta puxo ao servizo dos cidadáns 220 quilómetros de autovías libres de peaxe.

Neste sentido, o próximo ano as autoestradas autonómicas, A Coruña- Carballo (AG-55) e do Val Miñor (AG-57), continuarán a ser das máis baratas de España, xa que as tarifas non aumentarán nestas vías.

Ademais se seguirán aplicando bonificacións tanto nas viaxes de volta como nas realizadas en horario nocturno e se comezarán a efectuar descontos ás familias numerosas.

Comisión da AP-9O director tamén reiterou a solicitude que a conselleira Ethel Vázquez lle fixo recentemente ao Ministerio de Fomento para que convoque canto antes unha nova xuntanza da comisión de xestión da AP-9 co obxectivo de abordar conxuntamente esta proposta de actuación remitida.

Lembrou que esta comisión foi constituída en 2017 pola Xunta e o Ministerio de Fomento e ten demostrado ser un foro de colaboración institucional de utilidade.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre