Inicio Galicia A Xunta defende a necesidade de executar desde o primeiro momento o...

A Xunta defende a necesidade de executar desde o primeiro momento o aparcadoiro previsto na Estación Intermodal de Lugo

0

O Goberno galego considera positivo que o administrador ferroviario rectifique e aposte finalmente por manter no convenio a infraestrutura subterránea sobre a que a Xunta construirá a estación de autobuses

A Xunta defendeu hoxe a necesidade de executar desde o primeiro momento das obras o aparcadoiro subterráneo previsto na estación intermodal de Lugo. O director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, participou hoxe nunha xuntanza de traballo en Madrid con representantes de Adif e do Concello de Lugo, na que finalmente quedou ratificada a execución dese aparcadoiro.

O Goberno galego considera positivo que o administrador ferroviario rectifique e aposte finalmente por manter no convenio a execución da infraestrutura subterránea sobre a que a Xunta construirá a estación de autobuses.

O anteproxecto do conxunto intermodal elaborado por Adif prevé que a terminal de autobuses da Xunta se constrúa precisamente enriba do dito aparcadoiro subterráneo. A Xunta pretende evitar que a construción da terminal de autobuses quede supeditada a un debate posterior sobre a necesidade do aparcadoiro e o seu financiamento.

Hai que ter en conta que o propio plan funcional elaborado polo Ministerio de Fomento sobre a estación intermodal de Lugo recolle a necesidade de executar o aparcadoiro polas necesidades da terminal ferroviaria.

Na xuntanza de hoxe, o Goberno galego informou da recente licitación da redacción do proxecto da estación de autobuses integrada na terminal de ferrocarril.

As tras administracións avanzaron na negociación do convenio proposto pola Xunta de Galicia. Ademais, o Goberno galego trasladou que porá á disposición do conxunto intermodal a lei autonómica para tramitar urbanisticamente o proxecto e evitar a dilación que suporía ter que modificar o Plan xeral no Concello. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre