Inicio Galicia A Xunta defende a importancia do movemento asociativo das mulleres para promover...

A Xunta defende a importancia do movemento asociativo das mulleres para promover a igualdade no medio rural

0

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participaron hoxe na presentación da asociación de mulleres de cooperativas agroalimentarias ‘Nós, as mulleres’


A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, participaron esta mañá na presentación da asociación de mulleres cooperativas agroalimentarias de Galicia ‘Nós, as mulleres’, que ten como obxectivo impulsar a participación feminina nos postos de decisión das cooperativas.

Neste sentido, López Abella puxo en valor a importancia de consolidar o movemento asociativo das mulleres, como o desta nova organización, xa que constitúe unha importante canle de promoción da igualdade de oportunidades, un aspecto totalmente necesario, moi especialmente no rural, onde a contribución feminina é fundamental nos ámbitos produtivos, sociais, culturais e medioambientais.

O asociacionismo contribúe tamén decididamente a impulsar a visibilidade da muller rural, un dos obxectivos marcados pola Xunta para acadar a igualdade real entre homes e mulleres neste ámbito, xunto coa promoción do emprendemento, e o fomento da conciliación da vida familiar e laboral e do uso das TIC.

Pola súa parte, a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, destacou que hoxe a economía social ten máis valor grazas á posta en marcha desta asociación que favorecerá a promoción da igualdade no eido cooperativo.

Neste sentido, destacou as iniciativas da Xunta tanto para impulsar a igualdade no mercado laboral galego como para promover a economía social cunha Estratexia posta en marcha o pasado ano que contempla 25 medidas ata 2021 e que pretende chegar ao 50% de mulleres promotoras en cooperativas e sociedades laborais. Entre as medidas, destaca o programa Medrando Xuntas para promocionar o emprendemento feminino neste tipo de entidades.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre