Inicio Galicia A Xunta de Galicia vén de rematar a obra de substitución e...

A Xunta de Galicia vén de rematar a obra de substitución e reparación da cuberta e do pavimento do Pavillón do complexo deportivo Agra I

0

Os traballos da obra de ‘Cambio de cuberta e adecuación do pavimento do Pavillón Agra 1’ tiveron un orzamento de 140.000 euros


As obras de ‘Cambio de cuberta e adecuación do pavimento do Pavillón Agra 1’ que tiveron un orzamento de 140.000 euros e que foron levadas a cabo pola Secretaría Xeral para o Deporte, a través do acordo coa empresa concesionaria, veñen de rematar no día de onte.

Esta actuación dividiuse en dúas fases, o cambio de cuberta do pavillón, por unha banda, e a adecuación do pavimento, pola outra. As obras foron realizadas para arranxar os danos ocasionados na cuberta e no pavimento do pavillón do complexo deportivo Agra I, por mor da cicloxénese explosiva Ana rexistrada o pasado 10 de decembro en Galicia e que alcanzou a boa parte da península, con ventos moi fortes e precipitacións abundantes segundo a Axencia Estatal de Meteoroloxía.

Deste xeito e de acordo co plan establecido, a obra finaliza en tempo e forma, adecuando a pista para a práctica deportiva de todos os usuarios que realizan actividade física neste espazo.

Leer más:  Stellantis Vigo ve difícil superar la producción de 2023 y espera que el Perte se resuelva a final de mes

Aproveitando a obra en curso, a Secretaría Xeral para o Deporte executou outras pequenas melloras na infraestrutura co fin de satisfacer as solicitudes doutros colectivos. Así tamén se engadiron campos de bádminton solicitados polos docentes do IES Agra do Orzán e atendéronse outras peticións como as dos clubs de hóckey liña que precisaban baixar a altura das vallas para que non escape o disco co que xogan.


- Te recomendamos -