Inicio Galicia A Xunta de Galicia resalta os dez anos de avances en favor...

A Xunta de Galicia resalta os dez anos de avances en favor da plena inclusión das persoas con discapacidade

0

Fabiola García destaca o apoio ás entidades sociais a través do incremento de máis do 40% dos convenios de colaboración na última década ou coa axuda extraordinaria de 3,6 millóns de euros aprobada recentemente para que fixeran fronte ao novo convenio colectivo do sector

A Xunta puxo en valor hoxe os avances acadados na última década en favor da plena inclusión coincidindo coa conmemorativo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. A conselleira de Política Social, Fabiola García, e a de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participaron esta mañá no acto conmemorativo desta efeméride organizado pola delegación autonómica do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (Cermi Galicia).

Fabiola García apuntou a importancia desta data para dar máis visibilidade ás demandas das persoas con discapacidade e para reivindicar que estas ocupen o espazo e sexan protagonistas en todos os ámbitos da sociedade. Tamén enxalzou o traballo das entidades que forman o Cermi e garantiu a continuidade do compromiso do Goberno galego con elas. Un apoio que se traduce nun incremento de máis do 40% dos convenios de colaboración coas entidades na última década ou na axuda extraordinaria de 3,6 millóns de euros aprobada recentemente parta axudalas a facer fronte ás obrigas derivadas do novo convenio colectivo do sector.

Ademais, a conselleira de Política Social referiuse ás melloras introducidas nos últimos dez anos que fan máis doada a vida das persoas con discapacidade e das súas familias. Uns avances que se consolidan e amplían nos orzamentos do ano que vén nos que se que destinan máis fondos que nunca a este ámbito: 115 millóns de euros, un 77% máis que hai unha década.

Aposta decidida pola asistencia persoalEntre os logros acadados, Fabiola García destacou que Galicia é a Comunidade Autónoma que máis aposta polas prestacións públicas de asistencia persoal ao incrementar este ano a contía máxima un 15%, ata chegar aos 1700 euros ao mes. Así mesmo, subliñou que na actualidade están a disposición das galegas e galegos un 25% máis de prazas públicas que en 2009, ata chegar ás 5400; a mellora da accesibilidade nas oficinas centrais da Xunta grazas á súa sinalización con pictogramas; ou a axilización dos procesos de valoración, coa posta en marcha de 16 novos equipos e a simplificación dos documentos que teñen que achegar os cidadáns.

No ámbito da inserción laboral, a conselleira destacou o apoio do Executivo autonómico aos centros especiais de emprego e formación como o mellor vehículo cara a plena inclusión ou a segunda convocatoria específica de emprego público para persoas con discapacidade intelectual á que concorreron esta fin de semana 370 persoas.

Fabiola García sinalou que, a pesar destas melloras, hai que seguir adiante co traballo conxunto coas entidades para que Galicia sexa unha verdadeira terra de oportunidades para todas as persoas, unha meta que hoxe está máis preto que nunca.

Aulas inclusivasPola súa parte, a conselleira de Educación destacou que a atención á diversidade do alumnado está sendo unha prioridade para o Goberno galego, co fin de acadar un maior grao de excelencia e inclusión nas nosas aula. “En Galicia, nos últimos anos, a Consellería leva traballando por unha inclusión real do noso sistema educativo, proporcionando todas as ferramentas posibles “, salientou.

Neste sentido explicou que se están a reforzar as posibilidades educativas nos centros de Educación Especial, ao tempo que incrementamos o reforzo humano para a atención á diversidade nos centros educativos ordinarios, de maneira que a escolarización nestes centros do alumnado con discapacidade sexa a maior posible. Non en balde, Galicia é a Comunidade Autónoma cunha maior porcentaxe de alumnado (o 92,7%) con necesidades educativas especiais integrado nos centros ordinarios.

Así mesmo, estase a traballar na formación e concienciación dos profesionais educativos, a través de diferentes accións do Plan de Formación do Profesorado; así como ofrecendo formación e asesoramento ás familias, “nun clima de colaboración estreito e cun persoal dos centros docentes informado e relacionado co tratamento directo do alumnado con discapacidade”.

Por outra banda, Carmen Pomar explicou que o seu departamento ten vixentes 17 convenios de colaboración centrados especificamente na discapacidade con entidades que traballan a prol da atención á diversidade.

A conselleira de Educación rematou agradecendo “a incondicional disposición, o asesoramento e a actitude sempre en positivo de todas as organizacións e asociacións aquí presentes no traballo conxunto que levamos facendo os últimos anos a prol desa educación cada vez máis inclusiva, máis aberta e con menos barreiras”.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre