Inicio Galicia A Xunta de Galicia reforza os recursos de conciliación con novas axudas...

A Xunta de Galicia reforza os recursos de conciliación con novas axudas ás escolas infantís de iniciativa social

0

Este curso destináronse 3,4 millóns de euros ao mantemento de EPIS, o que supuxo un incremento do 13% nos últimos tres exercicios, e outros 600.000 a actuacións de reforma e adecuación destes centros


O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, estivo esta mañá na escola infantil ABC Ferrol, centro de iniciativa social subvencionado pola Administración autonómica que presta atención a 61 nenos e nenas con idades comprendidas entre 0 e 3 anos. Na visita tamén participou a directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización demográfica, Amparo González Méndez.

Rey Varela destacou o importante papel que desenvolven estas escolas de iniciativa social (EPIS) no fomento da conciliación da vida laboral e familiar, nas que se presta un servizo de calidade e coas mesmas taxas en atención educativa que os centros da rede galega de escolas infantís da Galiña Azul.

De feito, nos últimos tres anos, desde a creación da Consellería de Política Social, o apoio económico ás EPIS aumentou nun 13%, pasando dos algo máis de 3 millóns de euros en 2015 aos 3,4 actuais. Esta medida permitiu conceder este curso achegas a 48 centros e sustentar con fondos públicos preto de 2700 prazas para nenos e nenas de 0 a 3 anos en toda a xeografía galega.

Leer más:  El fuego en A Fonsagrada (Lugo) ha sido controlado después de arrasar 65 hectáreas

O conselleiro se referiu ás actuacións de mellora destes centros de iniciativa social subvencionadas polo Executivo autonómico a través dunha liña de axudas dotada dun crédito de 600.000 euros procedente en parte do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder). Estas axudas son unha mostra máis do “compromiso da Xunta coa calidade da atención educativa na primeira etapa da aprendizaxe dos nenos e nenas, así como coa vontade de que as familias galegas dispoñan dos mellores recursos de conciliación para os seus fillos e fillas”, apuntou.

Así mesmo, lembrou que a Xunta tamén dirixe achegas económicas para obras de adecuación e mellora de escolas infantís e puntos de atención á infancia que dependen dos concellos cun un investimento de algo máis de 1,3 millóns de euros, tamén procedente en parte de fondos Feder.

Rey Varela avanzou que o seu departamento autonómico está a preparar as novas convocatorias de axudas dirixidas a contribuír á realización de obras de mellora tanto en escolas de iniciativa social como en centros que dependen das corporacións locais. Dúas ordes que no se conxunto volverán superar o millón de euros e cuxa publicación se prevé para as vindeiras semanas.

Leer más:  SUS-Santiago fija "posición de ciudad" para pedir la intervención del Gobierno y ampliar el uso residencial de Peleteiro

Por último, o titular de Política Social informou de que este ano as axudas para o mantemento do servizo que presta ABC Ferrol ascende a 78.300 euros, case un 6% máis que a achega recibida con cargo a anterior convocatoria. A esta cantidade hai que engadir preto de 21.000 euros que se lle concederon en 2017 para sufragar obras menores de mellora e adecuación do centro, adquisición de equipamento, a dotación de conexión a internet e a compra de dispositivos para a integración das novas tecnoloxías na aula.

As liñas de axudas para mantemento e investimentos tanto para escolas de iniciativa social como para as que dependen das corporacións locais forman parte do Programa de apoio á natalidade (PAN Galicia), xunto con outras medidas como os bonos Coidado e Concilia, as Casas Niño ou a posta en marcha de escolas infantís en contornas empresariais.


- Te recomendamos -