Inicio Galicia A Xunta de Galicia promociona a acción voluntaria en concellos e entidades...

A Xunta de Galicia promociona a acción voluntaria en concellos e entidades con máis de 620.000 euros

0

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as dúas ordes que regulan as bases para subvencionar este tipo de actividades


A Xunta de Galicia promociona a acción voluntaria en concellos e entidades coa subvención das súas actividades cun orzamento que supera os 620.000 euros. Deste importe, 405.000 euros destínanse ao fomento do voluntariado xuvenil de concellos e entidades e o restante para a posta en marcha de iniciativas de sensibilización, formación e coordinación sobre a acción voluntaria das entidades de carácter privado e sen ánimo de lucro.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou hoxe a asociación sociocultural ASCM de Ferrol, coincidindo coa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) das dúas ordes que regulan as bases para financiar este tipo de proxectos. A entidade ferrolá puxo o ano pasado en marcha unha iniciativa vinculada á igualdade de xénero e que foi financiada pola Xunta de Galicia.

Orde de voluntariado XuvenilA orde que regula as subvencións para entidades e administracións locais enmarcadas no programa Servizo de voluntariado xuvenil ten un incremento no seu orzamento de máis de 65.000 euros. Así, do importe total desta convocatoria, 195.000 euros están destinados ás actividades de concellos e 210.000 para as entidades de acción voluntaria. Así mesmo, infórmase que as iniciativas deben realizarse entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro deste ano e que teñen que incorporar a mozas e mozos galegos de idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos.

O importe máximo da subvención por solicitudes individuais será de 4800 euros, e de 12.000 para solicitudes conxuntas, é dicir, entidades locais baixo a fórmula de agrupación, asociación, mancomunidade ou similar.

As actividades subvencionables para os concellos son aquelas relacionadas co Camiño de Santiago; coa recuperación da cultura, o arte e as tradicións populares galegas; actividades con colectivos en situacións de risco; iniciativas destinadas á mocidade, relacionadas coa igualdade de xénero; coa posta en valor do medio rural; destinadas ao benestar das persoas maiores e a posta en marcha de programas de voluntariado no ámbito familiar por parte de entidades. A elas súmaselles este ano as actividades relacionadas co Pacto de Estado en materia de violencia de xénero.

Orde de iniciativas de sensibilizaciónPola súa banda, a orde para entidades de carácter privado para o fomento e a realización da acción voluntaria define un importe máximo por subvención de 4000 euros, ou o 75% do orzamento total do proxecto presentado. Ademais, cómpre sinalar que a contía total da orde aumenta en 74.000 euros e acada os 215.000 este ano.

As áreas de actuación que deben ter as iniciativas para poder acceder a este orde son: sensibilización, para fomentar a participación solidaria e o carácter voluntario; formación, para a modernización das entidades de acción voluntaria; e coordinación, para impulsar o traballo en rede entre as diferentes asociacións. Igualmente que a anterior, os proxectos deben desenvolverse entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro deste ano.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre