Inicio Galicia A Xunta de Galicia participa na XI Festa Popular do concello de...

A Xunta de Galicia participa na XI Festa Popular do concello de Baltar

0

O evento acolleu diferentes actividades ao longo de todo o día

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou hoxe na XI Festa Popular do concello de Baltar. Este evento, no que colaborou a Xunta de Galicia, puxo en marcha durante toda a xornada diferentes actividades centradas no ocio familiar e no fomento dos xogos e da cultura tradicional.

Cristina Pichel gabou o importante papel que ten esta celebración para impulsar os lazos veciñais e familiares, ademais de poñer en marcha un amplo programa de actividades para todas as idades.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre