A Xunta de Galicia participa no V Camiño da Diversidade organizado polo Instituto Galego de TDAH e Trastornos Asociados, fundación Ingada. A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, participou nesta iniciativa que consistiu nun roteiro polo Camiño Portugués.
Amparo González reiterou o apoio do Goberno galego coas pequenas e pequenos co Trastorno de Déficit de Atención e Hiperactividade. A directora xeral gabou iniciativas como esta que traballan a favor da concienciación da sociedade na atención destas persoas e das súas familias.