Inicio Galicia A Xunta de Galicia louba o labor social dos premiados nos Premios...

A Xunta de Galicia louba o labor social dos premiados nos Premios ONCE Solidarios Galicia 2018

0

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, acudiu esta tarde á entrega dos Premios ONCE Solidarios Galicia 2018 que teñen como finalidade recoñecer ás persoas físicas ou xurídicas que destaquen polo seu labor solidario no seu entorno de influencia. Rey Varela fixo entrega do galardón á película Campeones, “un traballo valente, capaz de amosar a diversidade desde outra perspectiva, axudando a desmitificar tabúes sobre as persoas con discapacidade intelectual”, afirmou Rey VarelaO resto de galardóns recaeron na traballadora social de Vigo Rosario Pérez Montes, un exemplo de loita, superación e solidariedade que leva dúas décadas axudando a persoas sen recursos e a afectados polo VIH; e na Unidad Central Operativa da Guardia Civil, encargada de investigar e perseguir a delincuencia e o crime organizado eA ONCE tamén premiou o traballo de Vegalsa- Eroski na categoría de empresa polas súas iniciativas e o seu continuo labor solidario cos colectivos que máis o precisan. Ao fío disto, o conselleiro lembrou que esta compañía “colabora activamente coa Xunta para mellorar o benestar dos galegos e galegas, xa que é unha das empresas adheridas á Tarxeta Benvida que ofrece descontos a pais e nais”. Así mesmo, a administración autonómica e Vegalsa- Eroski asinaron recentemente un convenio para a realización de prácticas formativas nos establecementos deste grupo empresarial, dirixidas a participantes da Estratexia de inclusión social de Galicia. O premio á institución, organización, entidade ou ONG recaeu no Club Atletismo Sada que destaca non só polos seus méritos e logros no ámbito deportivo, senón tamén por integrar no deporte ás persoas con discapacidade.

Leer más:  Detenidas tres personas por un accidente laboral en el que murió un trabajador el pasado febrero en Carballo (A Coruña)

Durante a súa intervención, o titular autonómico destacou o exemplo de superación e dignidade que representan as persoas cegas ou con discapacidade visual que integran a ONCE, así como das súas familias, “que comparten as dificultades do día a día”. “A sociedade galega séntese partícipe tamén da vosa loita e dos vosos logros”, explicou Rey Varela. Así mesmo, destacou a excelente valoración que teñen os cidadáns desta organización grazas ao amplo labor de concienciación que desenvolve.

Ademais de aos premiados, Rey Varela felicitou aos profesionais e voluntarios que forman parte da ONCE e que fixeron posible un ano máis estes Premios Solidarios.

Compromiso coa discapacidadeO conselleiro de Política Social lembrou que o vindeiro ano 2018 destínanse máis de 102 millóns de euros á atención das persoas con discapacidade, o que repercutirá na creación de novas prazas e permitiu incrementar os convenios coas federacións de discapacidade nun 5%.

Así mesmo, fixo alusión á Estratexia Galega sobre Discapacidade 2015-2020, que inclúe 460 medidas para contribuír á integración en todos os ámbitos: desde a accesibilidade e a autonomía persoal ata a educación, formación e emprego, saúde e servizos sociais.

Leer más:  Una chimenea de leña provoca un incendio en una vivienda de Ribeira (A Coruña) sin dejar heridos

- Te recomendamos -