Inicio Galicia A Xunta de Galicia lembra aos consumidores que a suspensión temporal de...

A Xunta de Galicia lembra aos consumidores que a suspensión temporal de actividade da empresa Lácteos Casa Macán so afecta aos produtos desta marca

0

Ningún dos produtos do resto de marcas amparadas baixo as denominacións de orixe protexidas están afectados

A Xunta de Galicia lembra aos consumidores que a suspensión temporal de actividade da empresa Lácteos Casa Macán, S.

L., afecta, única e exclusivamente, a queixos e manteigas elaborados en Casa Macán, polo que os produtos do resto de marcas amparadas baixo as denominacións de orixe protexida “Queixo Tetilla” e “Arzúa-Ulloa” non están afectados.

O Goberno galego insiste en que a retirada dos produtos de Casa Macán fíxose de forma cautelar e que só afecta a esta queixería.

A Xunta de Galicia agradece o traballo que realizan os consellos reguladores de ambos selos de calidade, que vixían e controlan que os produtos se elaboren nas mellores condicións hixiénico-sanitarias e quede patentada a calidade dos mesmos.

Sinalar, por último, que para que a empresa afectada poida retomar a actividade, a autoridade sanitaria terá que levantar a medida cautelar e, para iso, deberase realizar unha inspección completa do establecemento co obxecto de comprobar que se emendaron todas os incumprimentos detectados e que xa cumpre todas as condicións esixidas na normativa sanitaria de aplicación para producir alimentos seguros.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre