Inicio Galicia A Xunta de Galicia lanza o primeiro Plan de patrocinio dos equipos...

A Xunta de Galicia lanza o primeiro Plan de patrocinio dos equipos de alta competición femininos de Galicia

0
image_gallery.jpg

Este plan xurde da colaboración entre a Consellería de Emprego e Igualdade e a Secretaría Xeral para o Deporte e conta cun orzamento de 150.000 euros


A Secretaría Xeral para o Deporte, a través da Fundación Deporte Galego, vén de publicar o Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición Femininos de Primeiro Máximo Nivel Estatal de Galicia 2020.

Este plan xurde do acordo de colaboración asinado o pasado mes de xullo entre a Secretaría Xeral da Igualdade e a Fundación Deporte Galego, para dar cumprimento ao Pacto de Estado contra a violencia de xénero a través de medidas como desenvolvemento deste Plan de Patrocinio para equipos femininos. Estas medidas están encamiñadas á loita pola igualdade efectiva de mulleres e homes, tendo en conta o impacto dos clubs nos medios de comunicación, nos espazos deportivos, e nas redes sociais, e, en particular, respecto das nenas e nenos, adolescentes e mocidade, que son destinatarios principais das medidas do devandito Pacto de estado.

Os obxectivos do Plan son previr e sensibilizar fronte a violencia de xénero e a loita pola igualdade efectiva entre mulleres e homes, transmitindo contidos relacionados coa loita pola tolerancia, igualdade e non violencia de xénero no deporte e na vida, entendendo esta actuación como un medio fundamental para a educación da sociedade sen discriminación e que incumbe a todas as persoas.

O Plan conta cun orzamento de 150.000 euros (149.997,65 euros) e no día de hoxe foi comunicada a apertura do prazo de solicitudes ás entidades deportivas que na tempada 2019/2020 contaron con equipos deportivos en competicións femininas de primeiro máximo nivel estatal. Ademais, a competición debe estar estruturada por niveis regulados con ascensos e/ou descensos, desenvolverse en 7 ou máis xornadas e participar no espazo de competición de forma simultánea 5 ou máis integrantes do mesmo equipo regulamentariamente.

Neste sentido, os dez clubs convidados a participar do plan foron o Ensino Lugo Club de Baloncesto na modalidade de baloncesto; o Club Balonmán Porriño e o Club Balonmán Atlético Guardés na modalidade de balonmán; o Real Club Deportivo de La Coruña S.

A.

D. na modalidade de fútbol: o Ourense Club de Fútbol S.

A.

D., o Club Deportivo Burela Fútbol Sala, o Club Poio Futbol Sala, o Cidade de As Burgas Fútbol Sala, na especialidade de fútbol sala; o Club de Arquitectura Técnica da modalidade de rugby e o Club Béisbol e Sófbol Cambre da especialidade de sófbol.

Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición de GaliciaO Plan de Patrocinio dos Equipos de Alta Competición Femininos de Primeiro Máximo Nivel Estatal de Galicia 2020 é unha liña de actuación paralela ao undécimo Plan de Patrocinio Publicitario dos Equipos de Alta Competición de Galicia, cuxa primeira fase foi resolta o pasado 17 de xuño cun orzamento de máis de 2 millóns de euros grazas á colaboración da Xunta de Galicia e ABANCA .

Nesta primeira fase dirixida ás entidades que competiron en modalidades ou especialidades deportivas de máximo nivel estatal en categoría absoluta ou sénior ou previa á absoluta entre 2019 e 2020, tamén cabe destacar unha maior presenza dos equipos femininos (46) e mixtos (4) sobre os equipos masculinos (44). Na segunda fase do plan, que comezará nos vindeiros meses, estímase que outros 113 equipos galegos de alto nivel sexan convidados a participar deste plan da Secretaría Xeral para o Deporte. Tanto o orzamento total do plan, o número de equipos subvencionados e o número de equipos femininos están a experimentar un incremento constante desde a súa primeira edición, na tempada 2009-2010.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre