Inicio Galicia A Xunta de Galicia intervén a residencia de maiores Os Gozos, en...

A Xunta de Galicia intervén a residencia de maiores Os Gozos, en O Pereiro de Aguiar

0

Esta medida busca garantir a calidade asistencial despois do aumento de casos positivos por coronavirus no centro

A Xunta de Galicia vén de intervir a residencia de maiores Os Gozos, no municipio do Pereiro de Aguiar, despois do aumento no número de casos positivos por covid-19 rexistrado nas últimas horas. Unha vez avaliada a situación do centro residencial, as Consellerías de Sanidade e Política Social acordaron tomar esta medida para garantir a calidade asistencial e a correcta protección da saúde dos residentes e traballadores do centro.

Un equipo de profesionais do Servizo Galego de Saúde (Sergas) xa se desprazou á residencia para facer un seguimento médico constante dos usuarios da mesma, así como para vixiar a correcta aplicación dos protocolos de prevención, seguridade e hixiene fronte ao coronavirus aprobados pola Xunta de Galicia. Ademais, os profesionais do Sergas velarán pola continuidade dunha atención sociosanitaria axeitada no centro.

A medida de intervir a residencia adóptase despois de que na xornada de hoxe se contabilizaran tres novos contaxios entre os usuarios e outros 23 en traballadores, o que sitúa o número total de casos positivos por coronavirus neste centro en 112 residentes e 25 profesionais.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre