Inicio Galicia A Xunta de Galicia impulsa un curso sobre técnicas de aproveitamento resineiro...

A Xunta de Galicia impulsa un curso sobre técnicas de aproveitamento resineiro para mozos e mozas de 18 a 35 anos

0

O obxectivo é que a mocidade tome conciencia sobre a correcta realización desta tarefa para non danar a madeira e maximizar a produción

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, presentou hoxe un curso formativo sobre técnicas de aproveitamento resineiro dirixido a mozos e mozas de 18 a 35 anos de idade que desenvolverá a Xunta de Galicia e o Concello e Mondoñedo en colaboración coa Comunidade veciñal en man común da parroquia de Figueiras e Estelo.

A responsable do departamento autonómico sinalou que este proxecto “é un exemplo de unión de esforzos e medios entre administracións e entidades para ofrecer á mocidade ferramentas que lle axuden a adquirir unha capacitación vinculada coa valorización dos recursos e potencialidades que ofrece o territorio”. Vázquez agradeceu a implicación da Comunidade veciñal en man común da parroquia de Figueiras e Estelo, creada en 1979 é que é unha das cinco rexistradas en Mondoñedo.

Esta iniciativa formativa de carácter teórico-práctico desenvolverase de abril a outubro e terá unha duración de 40 horas. As clases teóricas impartiranse no Centro comarcal de Mondoñedo os días 20, 21, 22, 27 e 28 de abril, en horario de mañá e tarde, co obxectivo de que os mozos e mozas tomen conciencia dunha realización correcta desta tarefa para non danar a madeira e para maximizar a produción.

Leer más:  Javier Arias repetirá como delegado de la Xunta en Lugo

A parte práctica, cunha duración de 56 horas, desenvolverase os sábados a partir de maio e consistirá en 14 visitas a parcelas sitas no monte veciñal para que os participantes amplíen os seus coñecementos na aplicación práctica do aproveitamento, na toma de decisións e na optimización da xestión.

Os mozos e mozas interesados poderán inscribirse ata o vindeiro 19 de abril a través da plataforma web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado. 


- Te recomendamos -