Inicio Galicia A Xunta de Galicia impulsa a inserción laboral de seis persoas a...

A Xunta de Galicia impulsa a inserción laboral de seis persoas a través dun curso de envasador en San Cibrao das Viñas

0

A iniciativa ten unha duración de 100 horas e rematará o vindeiro 8 de xullo

A Consellería de Política Social impulsa a inserción laboral de seis persoas a través dun curso de envasador que se está a realizar na empresa ourensá Aceites Abril S.

L. O curso, que comezou o pasado 11 de xuño e rematará o vindeiro 8 de xullo, ten unha duración de 100 horas, tal e como recolle o convenio asinado entre o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e a compañía.

O obxectivo principal desta actividade, que se enmarca na Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020, é que as persoas participantes adquiran coñecementos prácticos sobre o desenvolvemento dunha ocupación, demostren as súas actitudes e aptitudes cara o emprego e incorporen ao seu currículo unha experiencia que mellore as súas posibilidades de inserción no mercado de traballo.

A Estratexia de Inclusión Social de Galicia 2014-2020, deseñada e financiada pola Xunta de Galicia e o Fondo Social Europeo, ofrece ás persoas en situación ou risco de exclusión un conxunto de actuacións e intervencións no ámbito das competencias sociolaborais. Ademais, deseña itinerarios personalizados para lograr a inserción despois de analizar a situación de cada usuario, pero sempre desde unha visión multidisciplinar e coordinada cos servizos sociais de cada concello.

A Xunta de Galicia, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, conta na actualidade con 18 oficinas comarcais de inclusión sociolaboral distribuídas por toda Galicia, ás que se suma un equipo que opera no módulo 1 do centro penitenciario de Teixeiro, con internos que están a piques de obter a liberdade, no marco do Programa Nelson Mandela.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre