Inicio Galicia A Xunta de Galicia fomenta o voluntario cultural coa limpeza da área...

A Xunta de Galicia fomenta o voluntario cultural coa limpeza da área arqueolóxica de Campo Lameiro

0

Esta iniciativa enmárcase dentro da Semana do Voluntariado que o Goberno galego conmemora con motivo da celebración este xoves 5 de decembro do Día Internacional do Voluntariado


A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou esta mañá aos participantes na actuación voluntaria impulsada polo Goberno galego no Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro. Unha actividade que se enmarca dentro da Semana do Voluntariado que a Xunta conmemora con motivo da celebración o vindeiro xoves 5 de decembro do Día Internacional do Voluntariado.

Os voluntarios realizaron labores de limpeza de canalizacións, fontes e acumulación de restrollos na zona arqueolóxica. Unha actividade na que tamén puideron confraternizar e coñecer de preto o valor cultural deste espazo.

Durante esta Semana do Voluntariado, a Consellería de Política Social impulsa distintas accións voluntarias por cada día da semana. O propio día 5, Día Internacional do Voluntariado, realizarase un encontro entre os participantes galegos que realizaron actividades en Galicia, noutras comunidades ou no estranxeiro.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre