Inicio Galicia A Xunta de Galicia fomenta a conservación do litoral a través dun...

A Xunta de Galicia fomenta a conservación do litoral a través dun programa de voluntariado no Golfo Ártabro

0

A actividade principal da iniciativa foi a retirada de refugallos mariños do litoral e a súa catalogación mediante a aplicación Marnoba


A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, realizou hoxe unha visita aos participantes no programa de voluntariado ambiental no litoral galego, que desde o pasado luns ata hoxe está a desenvolver a segunda quenda no golfo Ártabro: rías de Betanzos, A Coruña, Ares e Ferrol (a primeira quenda tivo lugar na Costa da Morte).

A titular do departamento autonómico explicou que o programa está dirixido a impulsar e propiciar a participación de persoas voluntarias que queiran implicarse na conservación e mellora do medio ambiente no litoral cunha incidencia directa no entorno e que pode resultar unha magnífica oportunidade de desenvolver e acadar un enriquecemento persoal que lles permita un coñecemento do entorno social e medioambiental no que viven e a posibilidade de adquirir habilidades de formación para o futuro.

Os obxectivos que se pretenden con este tipo de iniciativas son preservar e protexer o medio ambiente nestas zonas de mar, promocionar valores de coidado e desenvolvemento sostible nos espazos litorais, e conservar e fomentar o patrimonio natural galego.

Leer más:  El PSOE de Santiago recuerda a BNG y CA su responsabilidad en el bloqueo de Peleteiro y afirma que estará en la solución

A acción voluntaria centrouse na retirada do lixo no litoral, a súa catalogación e clasificación posterior, labores de vixilancia ambiental, varamentos de cetáceos, localización de puntos de verteduras de augas, vertedoiros ilegais, manchas de petróleo nas praias procedentes da limpeza de barcos e de cinzas procedentes de incendios forestais.

Así mesmo, a actividade principal desta segunda quenda foi a retirada de refugallos marinos do litoral e a súa catalogación mediante a aplicación Marnoba, deseñada e xestionada polo Ministerio de Medio Ambiente entre outras entidades. Ao finalizar a súa participación neste programa de voluntariado ambiental, as persoas voluntarias obterán da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado un diploma acreditativo da acción voluntaria desenvolvida, que será inscrita como experiencia voluntaria no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia.

No ano 2016 emitíronse un total de 11 certificados de experiencias voluntarias e na actualidade xa contamos cun total de 618, correspondentes a acción desenvolvidas ao longo do ano 2017, o que supón un incremento considerable con respecto ao ano anterior.

Leer más:  David Regades vuelve a jurar como delegado de la Zona Franca de Vigo después de ocho meses en el Congreso

Así mesmo, no ano 2017 o número de accións voluntarias depositadas aumentou un 56% e o 79% das persoas voluntarias que depositaron as súas experiencias solicitaron a emisión do certificado de acción voluntaria que acredita as competencias adquiridas co obxecto de mellorar a súa empregabilidade e proxección de futuro no mercado laboral.


- Te recomendamos -