Inicio Galicia A Xunta de Galicia financia 87 proxectos creados e protagonizados pola propia...

A Xunta de Galicia financia 87 proxectos creados e protagonizados pola propia mocidade

0

Os mozos e mozas beneficiados directamente como promotores das propostas son 435


A Xunta de Galicia financia ao abeiro do programa Iniciativa Xove 87 proxectos nos que a xuventude participa de forma activa e directa en actividades concibidas por ela mesma e das cales son protagonistas. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolucións das axudas que contan cun orzamento global de 400.000 euros e que nesta edición benefician a 435 mozas e mozas.

Desta maneira, as asociacións e grupos informais beneficiarios terán un prazo de 10 días para solicitar un anticipo do 80% da cantidade concedida. O período para a realización dos proxectos comezou o 1 de xaneiro e remata o próximo 15 de outubro.

Para a concesión das axudas deuse prioridade aos proxectos que lle permitan á mocidade poñer en marcha as súas ideas no ámbito do emprendemento e da empregabilidade, aqueles que promovan hábitos saudables e a prevención de condutas de risco ou violentas entre a poboación xuvenil, así como os que fomenten actitudes creativas e innovadoras.

A través desta orde de subvencións tamén se apoian iniciativas que teñan por obxecto a inclusión social e laboral e a accesibilidade de mozas e mozos pertencentes a colectivos con dificultades de integración ou especialmente vulnerables. Así mesmo, financiase a creación de espazos para a comunicación e novas tecnoloxías, as propostas centradas na participación e empoderamento das mulleres novas, as que se baseen na conservación do medio ambiente e do patrimonio natural e cultural, as relacionadas co desenvolvemento e dinamización do medio rural e as que teñan por finalidade a dinamización de lingua galega entre a mocidade.

A Xunta de Galicia investiu 5,5 millóns de euros desde a posta en marcha do programa Iniciativa Xove no 2010. Este orzamento permitiu financiar 1423 proxectos promovidos por mozas e mozos, sexa a través de asociacións e entidades xuvenís como de grupos informais. Así, neste tempo as persoas beneficiaras directamente como promotores supera os 7100.

O programa Iniciativa Xove diríxese tanto a organizacións xuvenís como a grupos informais de mozas e mozos que desexen realizar unha iniciativa xuvenil. Estes deberán estar formados por un mínimo de cinco e un máximo de oito persoas con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre