Inicio Galicia A Xunta de Galicia financia 73 programas para promover o voluntariado xuvenil...

A Xunta de Galicia financia 73 programas para promover o voluntariado xuvenil en concellos e entidades

0

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da orde de axudas que regula as bases para subvencionar este tipo de actividades

A Xunta de Galicia financia 73 programas de acción voluntaria en concellos e entidades vinculados á promoción do voluntariado xuvenil. O Goberno galego destina 405.000 euros para que as entidades subvencionadas poñan en marcha proxectos que fomenten o medio rural, a igualdade de xénero ou a cultura a través do voluntariado. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou hoxe a Asociación Solidaria de Galicia (Asdegal) de Vigo, coincidindo coa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) da resolución desta orde. A entidade viguesa é unha das subvencionadas e recibe 4200 euros para a posta en marcha dun proxecto de voluntariado xuvenil no que participan sete mozas e do que se benefician 720 persoas. Entre as actividades se realizan ao abeiro do programa encóntranse obradoiros, acompañamento a persoas maiores e formación sobre novas tecnoloxías. De feito, Pichel puido comprobar in situ unha das actividades que realizan no centro sociocomunitairo Rivera Atienza. Cómpre recordar que do importe total desta convocatoria, 195.000 euros están destinados ás actividades de concellos e 210.000 para as entidades de acción voluntaria. As iniciativas subvencionadas realízanse entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro deste ano e incorporan a mozas e mozos galegos de idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos. Das 73 axudas concedidas, 44 son a entidades, 27 a concellos e dúas son concesións conxuntas. Fináncianse actividades relacionadas co Camiño de Santiago; coa recuperación da cultura, o arte e as tradicións populares galegas; actividades con colectivos en situacións de risco; iniciativas destinadas á mocidade, relacionadas coa igualdade de xénero; coa posta en valor do medio rural; destinadas ao benestar das persoas maiores e a posta en marcha de programas de voluntariado no ámbito familiar por parte de entidades. A elas súmaselles este ano as accións relacionadas co Pacto de Estado en materia de violencia de xénero.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre