Inicio Galicia A Xunta de Galicia explica en Andalucía as súas iniciativas de impulso...

A Xunta de Galicia explica en Andalucía as súas iniciativas de impulso demográfico

0

Fabiola García explicará as medidas levadas a cabo na Comunidade Autónoma galega para favorecer a natalidade e a conciliación en zonas rurais

A conselleira de Política Social, Fabiola García, explicará mañá en Sevilla na xornada El desafío demográfico en Andalucía: Escenarios presentes y futuros as medidas levadas a cabo pola Xunta de Galicia para favorecer o impulso demográfico.

En concreto, a conselleira intervirá no desenvolvemento deste encontro para realizar unha charla baixo o nome El caso de Galicia: Impulso demográfico en la comunidad de los 3000 pueblos na que dará a coñecer aos asistentes as medidas innovadoras que pon á disposición o Goberno galego para fomentar a natalidade e a conciliación en zonas rurais.

Fabiola García trasladará na súa exposición o éxito dos diferentes proxectos que está a levar a cabo a Comunidade Autónoma para mellorar as opcións de conciliación e atención aos maiores, especialmente nas contornas rurais. Entre elas merece a pena destacar as 60 casas niño que están en funcionamento na actualidade, isto é, pequenas escolas infantís dun máximo de cinco nenas e nenos de 0 a 3 anos en municipios de menos de 5000 habitantes; ou a trintena de casas do maior, centros de día destinados a maiores con dependencia moderada; e o autobús de coidados porta a porta, que este ano levaron a 20 municipios rurais de toda Galicia servizos de podoloxía, optometría e estimulación da memoria.

Neste sentido, a conselleira de Política Social explicará que a boa aceptación destas medidas leva á Administración autonómica a amplialas. Así, o Goberno galego traballará para que antes do remate desta lexislatura o 100% dos concellos conten cun recurso de conciliación; duplicar o número de casas do maior ata chegar ás 60 e multiplicar por 10 o alcance do autobús de coidados porta a porta para que se estenda a 200 municipios. 

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre