Inicio Galicia A Xunta de Galicia e o Concello de Mondoñedo poñen desde hoxe...

A Xunta de Galicia e o Concello de Mondoñedo poñen desde hoxe a disposición da cidadanía a Casa Museo de Álvaro Cunqueiro

0

A inauguración desta nova dotación cultural, que porá en valor o legado literario cunqueirián e incentivará o turismo literario na Mariña Lucense, formou parte dos actos de homenaxe ao célebre escritor celebrados co gallo do 38 aniversario do seu pasamento

alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, inauguraron hoxe a Casa-Museo de Álvaro Cunqueiro, unha dotación cultural na que a Xunta de Galicia mobilizou máis de 120.000 euros e que se pon ao dispor da cidadanía para, en palabras de Román Rodríguez, “honrar e difundir o legado e a figura” do célebre autor mindoniense, incentivando así mesmo o turismo literario na contorna. A apertura quedou integrada nos actos da homenaxe que, coincidindo coa efeméride do seu 38 cabodano, se lle rende ao escritor.

A actuación inclúe unha parte dotacional que abrangue a adquisición de equipos audiovisuais, a instalación do sistema de seguridade e accesibilidade do centro, a produción de contidos gráficos e audiovisuais, así como da moblaxe específica para o espazo expositivo; e outra parte de documentación e deseño de contidos da musealización do que foi durante preto de 15 anos o fogar de Cunqueiro e o lugar no que escribiu algunha das súas máis célebres obras.

Román Rodríguez lembrou que o proxecto dun museo para o príncipe das letras mindonienses “axudará a vivificar o legado” de Cunqueiro, un autor ao que cualificou de “clásico”. “O século XX ?explicou o conselleiro? foi o seu marco cronolóxico, o seu contexto vital, mais Cunqueiro supera ese marco e ese contexto concretos, pois Cunqueiro é un clásico” e, como clásico, “brilla e loce en calquera lugar e calquera tempo”.

Así mesmo, o titular de Cultura explicou que esta dotación “asoma neste día como unha moi boa nova para vindicar e reivindicar a obra de Álvaro Cunqueiro” e tamén “para a dinamización cultural e turística” de Mondoñedo, nun lugar privilexiado e de gran valor patrimonial, recordando que Mondoñedo e a súa Catedral son puntos principais dos Camiños do Norte, incluídos na lista do Patrimonio Mundial da UNESCO.

AgradecementoO conselleiro agradeceulle ao Concello de Mondoñedo e, de xeito nominal, á súa alcaldesa a súa distinción como Cunqueiriano Emeritus. Trátase da terceira ocasión na que se brinda este recoñecemento. Na primeira edición, en 2017, correspondeulle a Francisco Cal Pardo, presidente da empresa Leadair e persoa cun gran vínculo con Mondoñedo e A Mariña, e na segunda (2018) nomeouse ao membro da RAE e catedrático de Teoría da Literatura e Literatura Comparada da USC, Darío Villanueva Prieto.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre