Inicio Galicia A Xunta de Galicia duplicará a duración do programa de respiro familiar...

A Xunta de Galicia duplicará a duración do programa de respiro familiar para os usuarios do Centro de Educación Especial Miño

0

Ampliará o número de días da iniciativa e pasará a ter unha duración de catro semanas


A Xunta de Galicia duplicará a duración do programa de respiro familiar para os usuarios do Centro de Educación Especial Miño, en Ourense. Así se acordou hoxe nunha reunión que mantiveron a directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, e a delegada territorial do Goberno galego na provincia, Marisol Díaz, con representantes da ANPA do centro.

Desta maneira, o proxecto de actividades para persoas con necesidades educativas especiais que se puxo en marcha por primeira vez o pasado verán, non só se volverá a celebrar, senón que duplicará o número de días. Polo tanto, nesta ocasión, durante un mes celebrarase esta iniciativa na que os participantes desenvolven xogos e actividades dirixidas a fomentar a autoestima e a autoeficacia persoal.

En cada unha das accións que se poñen en marcha, os alumnos e alumnas potencian as súas habilidades e capacidades, tendo en conta as necesidades específicas de cada un deles. Así mesmo, o proxecto aproveita a contorna natural, a música e a interacción con outras persoas como unha vía para acadar a finalidade da proposta que non é outra que os alumnos e alumnas gocen da súa participación nesta iniciativa, que contempla de novo un horario de mañá de 10.00 a 14.00 horas.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre