Inicio Galicia A Xunta de Galicia destinará máis de 1,3M? en axudas ao sector...

A Xunta de Galicia destinará máis de 1,3M? en axudas ao sector do libro e ás bibliotecas en 2020

0

O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, presidiu hoxe o Consello Asesor do Libro no que se abordaron as distintas liñas de traballo para este ano


O director xeral de Políticas Culturais da Xunta, Anxo M. Lorenzo, presidiu hoxe a reunión do Consello Asesor do Libro, á que acudiron representantes das administracións autonómica e local, e das principais entidades galegas vinculadas co sector do libro, e na que se anunciou un investimento superior ao 1,3 millóns de euros en axudas ao libro neste 2020.

Trátase dunha cantidade que integra as axudas destinadas á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e a tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, así como as axudas para a dotación de novidades editoriais en galego en formato físico para a mellora das coleccións bibliográficas das bibliotecas e axencias da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. Tamén inclúe a dotación para a adquisición de novidades en lingua galega.

Así mesmo, a Consellería de Cultura e Turismo destinará parte desa contía total ao programa Ler conta moito, unha iniciativa de dinamización da lectura que, a través do seu catálogo, ofrece ás bibliotecas públicas da Rede actividades coas que achegar a cidadanía á lectura e á información dun xeito lúdico e atraínte.

Outro dos programas que se impulsarán no 2020 e que forman parte deste investimento é GaliciaLe, a plataforma de préstamos de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten como obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura en calquera momento a través dos seus catálogos en galego e castelán. Precisamente no pasado ano rexistráronse un total de 56.144 préstamos, o que supón un incremento de preto do 62% con respecto ao ano 2018.

Proxección exteriorO Consello tamén abordou as axudas para acudir a feiras e festivais internacionais do libro que este ano cubrirá tamén a asistencia a seminarios, encontros e obradoiros relacionados co mundo do libro. Así mesmo, impulsaranse as axudas para a presenza exterior de creadores vinculados ao sector do libro.

No marco deste investimento global de 1,3 millóns de euros, a Xunta contempla manter a colaboración coa Dirección Rexional de Cultura do Norte de Portugal e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia- Norte de Portugal para desenvolver o Programa Nortear. Trátase dunha iniciativa que inclúe un premio literario así como ciclos de conversas con escritores e artistas que permiten establecer vías de diálogo entre os dous territorios.

Outros dos asuntos tratados durante a sesión foi a proposta de instaurar o Día da Lectura en Galicia, nunha comunidade que xa celebra datas como o Día da Comprensión Lectora, o Día das Bibliotecas, o Día das Librarías ou o Día do Libro.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre