Inicio Galicia A Xunta de Galicia destaca a importancia dos coidados profesionais na atención...

A Xunta de Galicia destaca a importancia dos coidados profesionais na atención ao alzhéimer

0

Garante a colaboración da Administración autonómica con entidades como Afaga na atención ás persoas con algún tipo de demencia

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, asistiu esta tarde ás XVII Xornadas alzhéimer e outras demencias 25 anos despois. Alí puxo en valor a importancia dos coidados profesionais para atender as necesidades reais das persoas nalgunha destas situacións.

O encontro, organizado por Afaga, pretende ser un espazo de formación especializada, onde os profesionais sanitarios e sociosanitarios reflexionan sobre a situación actual e os retos futuros na atención ás demencias.

O director xeral sinalou que as administracións deben colaborar para que entidades como Afaga logren unha atención máis próxima e cálida as persoas con algún tipo de demencia. Un labor para o que garante o apoio da Xunta de Galicia.

Dejar una respuesta

Please enter your comment!
Nombre